Diari de Balears
Diari de Balears (antes coñecido como Balears), foi un xornal editado en Palma de Mallorca entre 1939 e 2013. Na última época da ditadura franquista e durante a transición perdeu un importante número de lectores, a consecuencia da dura competencia con outros diarios da illa. En 1996 foi adquirido polo grupo Serra, evolucionando a posturas próximas ao rexionalismo balear.
Diari de Balears | |
---|---|
Tipo | Xornal diario |
Fundación | 13 de xuño de 1939 |
Remata | 22 de maio de 2013 |
Editorial | Associació Ona Mediterrània |
Lingua | Castelán (1939 - 1996) Catalán (1996 - 2013) |
ISSN | 1578-6447 |
Na rede | |
https://www.dbalears.cat/ | |
[ editar datos en Wikidata ] |
Historia editar
Naceu pouco despois da Guerra Civil, o 13 de xuño de 1939, pola fusión dos diarios El Día e o órgano de expresión falanxista Aquí estamos, chegando a ser o diario de maior difusión das illas. Despois da morte de Franco en 1975 pasou a formar parte do órgano Medios de Comunicación Social del Estado. A perda do número de lectores fixo que fora poxado e adquirido polo grupo Serra, que aos poucos anos renomearíao a Diari de Balears. A edición impresa desaparecería en 2013, continuando a versión dixital como DBalears.
Directores editar
- Pablo Sáiz Gralla (1939-1940)
- Nicolás Brondo Roten (1940-1941)
- Pedro Álvarez Gómez (1941-1944)
- Domingo Medrano (1944-1948)
- Antonio Colom (1948-1949)
- Jorge Andreu (1949-1952)
- Waldo de Mier (1952-1957)
- Ignacio Arroyo (1957-1961)
- Francisco Javier Jiménez (1961-1975)
- Antonio Pizá (1975-1981)
- Pedro Ignacio González (1981)
- Juan José Porto (1981-1982)
- Pablo Llull (1982-1983)
- Eliodoro Muñoz (1983-1984)
- Pedro Serra (1984)
- Octavio Aguilera (1984-1985)
- Miguel Serra (1985-1989)
- Jaime Jiménez (1989)
- Guillermo Martín de la Oliva (1989-1991)
- Marisa Gallardo (1991-1993)
- Miquel Serra Magraner (1993-2013)
Véxase tamén editar
Ligazóns externas editar
- Páxina web (en catalán)