Diane Arbus

fotógrafa estadounidense

Diane Nemerov, coñecida como Diane Arbus, nada en Nova York o 14 de marzo de 1923 e finada no mesmo lugar o 26 de xullo de 1971,[1] foi unha fotógrafa estadounidense.[2][3] Retratou unha humanidade fracasada e solitaria, estraña antítese do triunfalismo norteamericano.

Infotaula de personaDiane Arbus
Biografía
Nacemento(en) Diane Nemerov Editar o valor em Wikidata
14 de marzo de 1923 Editar o valor em Wikidata
Nova York, Estados Unidos de América Editar o valor em Wikidata
Morte26 de xullo de 1971 Editar o valor em Wikidata (48 anos)
Greenwich Village, Estados Unidos de América Editar o valor em Wikidata
Causa da morteSuicidio Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
Outros nomesNemerov, Diane Editar o valor em Wikidata
ResidenciaWestbeth Artists Community (en) Traducir Editar o valor em Wikidata
País de nacionalidadeEstados Unidos de América Editar o valor em Wikidata
Grupo étnicoAmericanos brancos (pt) Traducir e Pobo ruso Editar o valor em Wikidata
EducaciónEthical Culture Fieldston School Editar o valor em Wikidata
Actividade
Campo de traballoFotografía Editar o valor em Wikidata
Lugar de traballo Nova York Editar o valor em Wikidata
Ocupaciónfotógrafa , fotógrafa de moda , artista Editar o valor em Wikidata
Xénero artísticoRetrato fotográfico e retrato Editar o valor em Wikidata
LinguaLingua inglesa Editar o valor em Wikidata
Participou en
24 de xuño de 1977Documenta 6 Editar o valor em Wikidata
Obra
Obras destacables
Familia
CónxuxeAllan Arbus (pt) Traducir (1941–1969) Editar o valor em Wikidata
IrmánsHoward Nemerov Editar o valor em Wikidata
Premios

IMDB: nm9816637 Discogs: 2291786 WikiTree: Nemerov-1 Editar o valor em Wikidata

Traxectoria editar

Naceu no seo dunha familia adiñeirada xudía.[4] Ela e os seus dous irmáns (un dos cales é o poeta Howard Nemerov) foron uns nenos privilexiados; tal e como o demostran as propias palabras da autora ao referirse á súa nenez: "Crecín sentíndome inmune e carente de circunstancia. Unha das cousas que padecín foi non ter sentido a adversidade". Seu pai, David Nemerov, foi o fillo dun inmigrante ruso e súa nai, Gertrude,[5][6] a filla do dono da peletería Russek na Quinta Avenida de Nova York. Cando casaron, David converteu a peletería do seu sogro nunha tenda por departamento especializada en peles moi coñecida na Quinta Avenida. Aos 14 anos, Diane namorouse do fotógrafo Allan Arbus,[7] empregado de seu pai, con quen casou catro anos despois[5] (sen o consentimento da súa familia). Logo de casar, o matrimonio mantívose economicamente do seu traballo fotográfico.

Nos anos corenta, os Arbus adicáronse á fotografía de moda en revistas como Esquire , Vogue e Harper's.[8] Entre 1955 e 1957, Diane Arbus tomou clases coa fotógrafa austríaca Lisette Model, exercendo unha grande influencia no camiño que máis tarde tomaría.[3] Nesta época divorciouse de Allan, o que supuxo a súa independencia como fotógrafa, sendo a década dos sesenta a máis produtiva; percorría os perigosos barrios de Nova York para seleccionar as personaxes que retrataría, na súa maioría ananos, praias nudistas, prostitutas etc. Aínda que continuaba traballando para revistas importantes retratando celebridades coma Norman Mailer, Mae West, Jorge Luis Borges,[9][10][11] a exposición que a deu a coñecer ao gran público foi "New sensations", en 1967. Catro anos despois, logo de pasar unha profunda depresión, suicidouse tomando barbitúricos e cortando as veas.[3] Un ano máis tarde o seu traballo foi seleccionado para participar na Bienal de Venecia, sendo a primeira fotógrafa estadounidense en ser seleccionada;[12] así coma no MoMA de Nova York, que organizou a súa primeira retrospectiva.[13]

Obra editar

Diane Arbus elixiu persoas marxinais para as súas fotografías: enfermos mentais, xigantes, familias disfuncionais etc.[14] Os personaxes miraban directamente á cámara, o que fai que o flash revele os seus defectos. A súa intención era producir no espectador "temor e vergonza", e representar o normal como algo monstruoso: cando Diane fotografía a dor, a encontra en persoas normais, provoca que a xente presuntamente normal apareza como anormal. Ela racha a composición, sitúa ao personaxe no centro, un personaxe cunha mirada directa, con tensión e forza. Non existe o momento decisivo para ela, traballa en continuo espazo temporal e obriga aos retratados a que sexan conscientes de que están sendo retratados.

Notas editar

  1. "Diane Arbus, her vision, life, and death." The New York Times, 13 de maio de 1984. Consultado o 10 de maio de 2017
  2. Estrin, James (8 de marzo de 2018). "Diane Arbus, 1923-1971". The New York Times. Consultado o 6 de novembro de 2018. 
  3. 3,0 3,1 3,2 Lubow, Arthur (14 de setembro de 2003). "Arbus Reconsidered". The New York Times Magazine. Consultado o 1 de novembro de 2018. 
  4. Schjeldahl, Peter. "Looking Back: Diane Arbus at the Met", The New Yorker, 21 de marzo de 2005. Consultado o 4 de febreiro de 2010.
  5. 5,0 5,1 DeCarlo, Tessa (maio de 2004). "A Fresh Look at Diane Arbus". Smithsonian magazine. Consultado o 13 de decembro de 2017.
  6. Crookston, Peter (30 de setembro de 2005). "Extra Ordinary". The Guardian. Consultado o 12 de novembro de 2018. 
  7. Bosworth, Patricia (13 de maio de 1984). "Diane Arbus". The New York Times Magazine: 42–59. 
  8. Arbus, Diane (1984). Diane Arbus: Magazine Work. Nova York: Aperture. ISBN 978-0-89381-233-1. 
  9. Kimmelman, Michael (9 de xaneiro de 2004). "Diane Arbus, a Hunter Wielding a Lens". The New York Times. Consultado o 7 de novembro de 2018. 
  10. Diane Arbus: Revelations. Nova York: Random House, 2003. ISBN 0-375-50620-9.
  11. Rubinfien, Leo. "Where Diane Arbus Went". Art in America, volume 93, número 9, páxinas 65–71, 73, 75, 77, outubro de 2005.
  12. John Simon Guggenheim Memorial Foundation. "Fellows. Diane Arbus". Arquivado 2010-11-25 en Wayback Machine. Consultado o 4 de febreiro de 2010.
  13. "Woman's studies". The Independent (en inglés). 1997-10-18. Consultado o 2019-03-16. 
  14. Arthur, Lubow (2016-06-07). Diane Arbus : portrait of a photographer (First ed.). Nova York. ISBN 9780062234322. OCLC 950881745. 

Véxase tamén editar

Ligazóns externas editar