Devolución en quente

En política migratoria, unha devolución sumaria, devolución en quente[1] ou push-back é unha práctica pola que se expulsa de volta ao país de orixe a un individuo migrante ao entrar ilegalmente ao país de destino. Este procedemento prodúcese sen identificaren os migrantes nin sometérenos ás leis existentes de cada país sobre política de inmigración[2].

Liña fronteiriza entre España e Marrocos en Ceuta, na que se produciron en diversas ocasións devolucións en quente.

O termo "devolución en quente" comezou a ser empregado polos medios de comunicación españois no ano 2005. Noutros países, como Portugal, os medios de comunicación adoptaron o termo inglés pushback ou optaron por empregar termos menos específicos coma "reenvíos ilegais"[3].

As devolucións en quente considéranse que vulneran os dereitos humanos[4] e violan as leis internacionais sobre migracións, aínda que diferentes tribunais de diversos países teñen avalado casos individuais deste tipo de prácticas como acorde coa legalidade.

Notas editar

  1. "Estrasburgo avala as "devolucións en quente" no valo de Melilla.". 13 de febreiro de 2020. Consultado o 25 de xuño de 2022. 
  2. Blanco, María (19 de maio de 2021). "risis migratoria en Ceuta: ¿qué son las devoluciones en caliente?". Newtral (en Castelán). Consultado o 25 de xuño de 2022. 
  3. "Croácia vai investigar denúncias de violência e de reenvios ilegais de migrantes". 7 de outubro de 2021. Consultado o 25 de xuño de 2022. 
  4. "Pushback". ecchr.eu. Consultado o 25 de xuño de 2022. 

Véxase tamén editar

Outros artigos editar

Ligazóns externas editar