Descuberto en 1932 por Harold C. Urey,[1] O deuterio é un isótopo do hidróxeno cun neutrón no núcleo (ademais do protón). O isótopo deste elemento con dous neutróns denomínase tricio.

Tubo de descarga cheo de deuterio puro.

O osíxeno combinado con dous deuterios forma a molécula de auga pesada (óxido de deuterio), un dos líquidos máis caros e valiosos por ser bo moderador nos reactores nucleares denominados "de auga pesada". A auga pesada é moi eficiente pola súa baixa taxa de absorción de neutróns; acada a maior "economía neutrónica" de todos os sistemas reactores comerciais, o que permite empregar neles como combustible uranio natural (sen que compra enriquecelo).

A fusión do deuterio baséase na fusión do núcleo deste isótopo cun protón para formar o isótopo helio-3, que é estable e non radioactivo .

Fusión do deuterio en ananas marróns editar

Calcúlase que masa teórica mínima dunha estrela pode ser, e que aínda estea sometida á fusión do hidróxeno no seu núcleo, dunhas 75 veces a masa de Xúpiter, mentres cá fusión do deuterio pode ocorrer o redor de masas tan baixas coma as 13 masas de Xúpiter. Polo tanto a fusión do deuterio (e en moito menor medida, o tricio e o litio) é a característica que marca os límites do que é unha anana marrón.[2][3][4] As ananas marróns poden estar brillando varios centos de millóns de anos antes de que as súas reservas de deuterio se esgoten.[5]

Citas editar

  1. Glashow, Sheldon L. (1994). Interacciones : una visión del mundo desde el encanto de los átomos. Barcelona: Tusquets. ISBN 84-7223-429-0. OCLC 43732833. 
  2. Alan, Boss (03-04-2001). Carnegie Institution of Washington, ed. "Are They Planets or What?". Arquivado dende o orixinal o 28-09-2006. Consultado o 08-06-2006. 
  3. Shiga, David (17-08-2006). New Scientist, ed. "Mass cut-off between stars and brown dwarfs revealed". Consultado o 23-08-2006. 
  4. Basri, Gibor (2000). "Observations of Brown Dwarfs". Annual Review of Astronomy and Astrophysics 38: 485. Bibcode:2000ARA&A..38..485B. doi:10.1146/annurev.astro.38.1.485. 
  5. Lewis, John S. (2004). Elsevier Academic Press, ed. Physics and chemistry of the solar system. United Kingdom. p. 600. ISBN 0-12-446744-X. 

 
 Este artigo sobre química é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre.
 Existen igualmente outros artigos relacionados con este tema nos que tamén podes contribuír.