Coordenadas: 32°31′11″N 16°30′27″O / 32.5197, -16.5075

Deserta Grande
Vista da illa
A Deserta Grande vista desde Madeira, é a illa ao centro
Datos
Capital
País Portugal
Localización Océano Atlántico
Arquipélago Arquipélago de Madeira
Linguas
Poboación (2009) Deshabitada
Superficie
Densidade
Coordenadas
Maior Altura 488 m
Localización
Localización da illa

A Illa Deserta Grande é a principal illa das Illas Desertas, unha pequena cadea de illas no arquipélago de Madeira, situado ao sueste da illa de Madeira.

Nesta illa, tal como nas outras dúas que compoñen as Desertas, existe unha proporción de animais e plantas únicos, razón pola cal se encontra na primeira liña das prioridades do goberno rexional a preservación deste valioso patrimonio natural. A súa altitude máxima é de 488 m, con 11.700 m de lonxitude e 1.900 m de anchura máxima.

A Deserta Grande é a única das tres illas que posúe un pequeno peirao, pero a súa colonización non foi posible debido ás dificultades de aceso, pois a illa ten escarpados cantís en todo o seu perímetro.

Fauna e flora editar

Unha das especies endémicas da Deserta Grande é a Tarantola das Desertas (Lycosa ingens). Nesta illa existe a maior colonia do Atlántico, e probablemente do mundo de aves mariñas alma-negra (Bulweria bulwerii).

Véxase tamén editar

Ligazóns externas editar