Depósito de combustíbel

O depósito de combustíbel é un contedor seguro para líquidos inflamábeis, que forma parte do sistema do motor, e no cal se almacena o combustíbel, que é propulsado para que un vehículo avance (mediante a bomba de combustíbel) ou liberado (como gas a presión) nun motor. Os depósitos de combustíbel varían considerabelmente de tamaño e complexidade, dende un diminuto depósito de butano para un chisqueiro ata o depósito externo de combustíbel crioxénico multicámara dun transbordador espacial.

Depósitos de combustíbel de bombardeiros B-25.

Normalmente un depósito de combustíbel conta coas seguintes características:

  • Almacenamento seguro de combustíbel.
  • O recheo debe ser sen riscos (ex. faíscas).
  • Almacenamento sen perdas por escape ou evaporación.
  • Prover dun método para determinar o nivel de combustíbel no depósito en todo momento. Para iso úsase un indicador do nivel de combustíbel.
  • Venting (en caso de sobrepresión os vapores de combustíbel deben ser desviados por medio de válvulas).
  • Alimentación do motor (por medio dunha bomba).
  • Anticipar posíbeis danos e riscos para aumentar o potencial de sobrevivir.

Subministración de auga editar

Os sistemas de subministración de auga poden ser alimentados mediante unha fonte primaria ou secundaria consistente nun xerador de combustíbel diésel alimentado por un pequeno tanque diario e un depósito de combustíbel de moito maior tamaño.[1][2]

Seguridade editar

Un deseño e construción axeitados do depósito xogan un papel fundamental na seguridade do sistema do que forma parte.

En aplicacións automotrices, un lugar inaxeitado contribuíu a probabilidade de incendio en caso de colisión. En 1990, General Motors foi demandada por máis de cen particulares supostamente debido á decisión de trasladar o depósito e ficar sen a protección da estrutura do vehículo en furgonetas pickup.[3] O modelo Pinto do fabricante Ford tamén estivo inmerso na polémica por poñer o depósito de combustíbel nunha área pouco protexida con risco de lume e explosión en caso de impacto da parte traseira do vehículo. O caso foi a xuízo e custoulle 125 millóns de dólares. En 1993, tras fallar o xuízo en contra de GM (que foi recorrido con éxito máis tarde), a cadea de televisión NBC tamén causou polémica emitindo ensaios a modo de exemplo sobre os riscos existentes. Posteriormente descubriuse que a cadea utilizou material inflamábel para asegurar o lume.

Notas editar

  1. Maciag, Mike, Backup Facility to Power Water Works During Outages. Erie Times-News, 7 de xuño de 2007, páx 5B, di “the Erie Water Works is due to have a 20,000-gallon bulk storage tank and a 5,000-gallon day tank installed to support two diesel-fueled generators serving as backups to the Sommerheim Water Treatment Plant in Erie, Pennsylvania.”
  2. Comprehensive Everglades Restoration Plan, Sección 8, páxs. 8-3, 8-4, di “small- and medium-sized pumping stations are to be equipped with fuel storage tanks capable of storing seven days capacity, plus floor-mounted packaged system day tanks" [1].
  3. The Mosely vs GM "Side-Saddle Fuel Tank" Case. Arquivado 01 de abril de 2013 en Wayback Machine..