Den, ou Udimu, foi o quinto faraón da primeira dinastía de Exipto de c. 2914-2867 adC (von Beckerath).

Infotaula de personaDen

Editar o valor em Wikidata
Biografía
Nacementoséculo XXX a. C. Editar o valor em Wikidata
Morte2995 a. C. Editar o valor em Wikidata
Lugar de sepulturaUmel Caabe (pt) Traducir Editar o valor em Wikidata
Faraón

← DjetAnedjib → Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeAntigo Exipto Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupaciónestadista Editar o valor em Wikidata
Período de tempoÉpoca Tinita (pt) Traducir e Primeira dinastía de Exipto Editar o valor em Wikidata
Outro
TítuloFaraón Editar o valor em Wikidata
FamiliaPrimeira dinastía de Exipto Editar o valor em Wikidata
CónxuxeNakhtneith (pt) Traducir
Serethor (en) Traducir Editar o valor em Wikidata
FillosAnedjib
 () Seshemetka (pt) Traducir Editar o valor em Wikidata
PaisDjet Editar o valor em Wikidata  e Merytneit Editar o valor em Wikidata
Den: tablilla epónima

Manetón denomínao Usafais, segundo Xulio Africano e Eusebio de Cesarea e atribúenlle 20 anos de reinado. Aínda que Kaplony cre que puido chegar ata 45 anos.

  • A Pedra de Palermo menciona que baixo o seu reinado houbo un empadroamento xeral do país e numerosas festas relixiosas.
  • Foi o primeiro faraón en usar o título de rei do Alto e Baixo Exipto.
  • Do mesmo xeito que os seus predecesores realizou numerosas expedicións bélicas, especificamente contra as tribos nómades do Sinaí.
  • Atopáronse numerosos obxectos na súa tumba, incluíndo unha tablilla onde aparece cumprindo ritos relixiosos destinados a repetir a coroación, Heb Sed, e xa que logo, renovar o poder real.

Dreyer atopou na tumba T de Umm el-Qaab, Abidos, unha inscrición cos nomes de Narmer, Aha, Djer, Djet, Den e Meit-Neit, e nesa orde, confirmando a nomenclatura e sucesión destes faraóns.

Construcións editar

Son asignadas a Den tres edificacións en Saqqara e unha en Abidos.

  • A tumba 3035, a maior tumba real datada no período predinástico.
  • A tumba 3036, posibelmente a dunha raíña.
  • A tumba 3506.
  • A tumba T, onde foi enterrado, na necrópole de Umm el-Qaab, en Abidos. O chan da súa tumba está pavimentado con granito vermello, sendo a primeira vez en Exipto que esta dura pedra úsase como material de edificación.

Testemuños da súa época editar

 
Casiña de marfil atopada nunha tumba de Abu Roash (preto do Cairo) da época do rei Den. Museo do Louvre
  • Tumba T en Abidos (a tumba do rei).
  • Inscricións e impresións do selo da tumba 3035 en Saqqara (Emery).
  • Impresións do selo da tumba 3036 (dono quizais un funcionario chamado Anjka) en Saqqara (Emery).
  • Impresións de selo da tumba 3038 en Saqqara (Emery).
  • Inscricións da tumba 3504 en Saqqara (Emery).
  • Impresións de selo da tumba 3506 en Saqqara (Emery).
  • Impresións e inscricións do selo da tumba 3507 en Saqqara (Emery).
  • Impresións de selo da tumba X en Saqqara (Emery).
  • Inscrición en tinta nun tarro e de selo dun cemiterio en Saqqara (Macramallah).
  • Inscricións de selo de tumbas en Abu Roash (Montet).
  • Impresións de selo de Helwan (Saad).
  • Fragmento de tableta de madeira, co nome Semty, Abidos, UC 36720 (Museo Petrie).
  • Aixola de cobre co nome de Dyer, tumba 461, Abidos, UC 16172 (Museo Petrie).

O papiro máis antigo coñecido está en branco, e descubriuse na tumba de Hemaka, o visir do faraón Den, na necrópole de Saqqara.

Véxase tamén editar

Predecesor:
Djet
Faraón
Primeira Dinastía
Sucesor:
Anedjib