Demografía de Alxeria

O 91 % da poboación de Alxeria vive ao longo da costa mediterránea o que representa o 12% da superficie terrestre total do país. O 45% da poboación é urbana e a urbanización continua, a pesar dos esforzos do goberno para desalentar a migración ás cidades.

Demografía de Alxeria, datos da FAO, ano 2005; miles de habitantes.
Mapa das tribos de Alxeria.

Poboación editar

Actualmente, 14,182,736 alxerinos viven no espazo urbano mentres 14,990,959 viven nas áreas rurais. Preto de 1.5 millóns de nómades e beduínos semi establecidos viven aínda na área do Sáhara. De acordo co The World Factbook (O libro de datos mundiais), estímase que o 29,9% da poboación é menor de 15 anos.

O 97% da poboación é clasificada etnicamente como Bérber/Árabe e relixiosamente un 98,5% é musulmán do grupo sunnita, os poucos que non son sunitas son fundamentalmente ibadís (1,3%) do val de M'Zab. Tamén existen comunidades, principalmente estranxeiras, de católicos e cristiáns e unha comunidade de 50 a 100 xudeus. A comunidade xudía de Alxeria que algunha vez constituíu o 2% da poboación total, diminuíu substancialmente debido á emigración, principalmente a Francia e Israel.

Educación e vivenda editar

O sistema educativo de Alxeria creceu rapidamente desde 1962; nos últimos 12 anos, a asistencia estudantil duplicouse, alcanzando os 5 millóns de estudantes. A educación é gratuíta e obrigatoria até os 16 anos. A pesar da asignación do goberno de recursos substanciais, a presión da poboación e unha grave escaseza de mestres afectaron gravemente ao sistema, así como os ataques terroristas contra a infraestrutura educativa durante os anos 20. Un número modesto de estudantes estuda no estranxeiro, especialmente en Europa e o Canadá. No 2000, o goberno efectuou unha revisión masiva do sistema educativo.

Os problemas de vivenda e saúde continúan sendo de gravidade en Alxeria. A falta de infraestruturas e o constante fluxo de persoas de zonas rurais a urbanas han sobrecargado ambos os sistemas. Segundo o Programa das Nacións Unidas para o Desenvolvemento, Alxeria ten unha dos cocientes máis altas de ocupación por unidade de vivenda, e oficialmente o goberno declarou publicamente que o país ten un déficit inmediato de 1,5 millóns de vivendas.

Véxase tamén editar

Outros artigos editar