Demetrio Constantinovich de Rusia

Demetrio Constantinovich, (en ruso : Димитрий Константинович), nado o 13 de xuño de 1860 en San Petersburgo, e asasinado na mesma cidade polos Bolxeviques o 28 de xaneiro de 1919.

Infotaula de personaDemetrio Constantinovich de Rusia

Editar o valor em Wikidata
Biografía
Nacemento1 de xuño de 1860 (Xuliano) Editar o valor em Wikidata
Strelna, Rusia (en) Traducir Editar o valor em Wikidata
Morte28 de xaneiro de 1919 Editar o valor em Wikidata (58 anos)
Fortaleza de San Pedro e San Paulo, Rusia Editar o valor em Wikidata
Causa da morteHomicidio Editar o valor em Wikidata (Ferida por arma de fogo Editar o valor em Wikidata)
Lugar de sepulturaSan Petersburgo Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeImperio Ruso Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupaciónpolítico , militar Editar o valor em Wikidata
LinguaLingua rusa Editar o valor em Wikidata
Carreira militar
Rango militaraxudante xeneral Editar o valor em Wikidata
Familia
FamiliaCasa de Holstein-Gottorp-Romanov Editar o valor em Wikidata
PaisConstantino Nikolaevich de Rusia Editar o valor em Wikidata  e Alexandra Iosifovna (pt) Traducir Editar o valor em Wikidata
IrmánsOlga Constantinovna de Rusia, Vera Constantinovna da Rússia (pt) Traducir, Vyacheslav Constantinovich da Rússia (pt) Traducir, Constantino Constantinovich da Rússia (pt) Traducir e Nicolau Constantinovich da Rússia (pt) Traducir Editar o valor em Wikidata
Premios

WikiTree: Романов-27

Fillo do gran duque Constantino Nikolaevich de Rusia e da súa esposa, a princesa Alexandra de Saxonia-Altenburgo.

Traxectoria editar

Primeiros anos editar

 
Demetrio co seu irmán Constantino.

Á idade de sete anos foi confiado a Aleksei Zelenoi, oficial que servira ás ordes do seu pai na Mariña imperial. Como os demais homes da familia, foi destinado á carreira militar.

Contaba con catorce anos cando o seu irmán máis vello Nicolao Constantinovich foi protagonista un escándalo polo roubo dun diamante á súa propia nai para gastar os beneficios na vida disipada que levaba. Este incidente fixo que os seus pais fosen moi severos coa súa educación e a dos seus irmáns.

Aos quince anos ingresou na mariña, que abandonou en 1879, causando así unha gran decepción no seu pai que abrigaba a esperanza de ter algún fillo que seguise as mesmas armas que el.

Ao alcanzar a idade de pensionado do exército imperial dedicouse á súa paixón, o cabalo e a levar unha vida tranquila en Crimea. Cando estalou a primeira guerra mundial a súa extremadamente deficiente vista impediulle enrolarse de novo no exército.

Durante a revolución editar

Ao estoupar a Revolución de Outubro de 1917, a Cheka publicou un decreto que obrigaba a rexistrarse a todos os homes da casa imperial. Grigori Zinóviev e Moiséi Uritski, dirixentes do Soviet de Petrogrado, decidiron enviar ao desterro aos homes Romanov. Ante o perigo de ocupación alemá ofrecéuselle o lugar ao que quería ir detido entre: Vologda, Olonets ou Vyatka, escolleu Vologda, cidade máis próxima da capital. O 18 de abril de 1918, acompañado da súa sobriña Tatiana Constantinovna de Rusia, de dous fillos desta e de axudante coronel Aleksandr Korochentzov abandonaron Petrogrado cara ao exilio. En Vologda, Demetrio Constantinovich e os outros detidos ocuparon dúas habitacións na casa dun comerciante local.

Pouco despois da chegada a Vologda, coñeceron o arresto dos seus curmáns, os Grandes duques Xurxo Mikhailovich e Nicolao Mikhailovich, fillos do gran duque Miguel Nikolaevich, e o príncipe Gabriel Constantinovich.

En maio de 1918, o coronel Alexander von Leiming, un dos axudantes do gran duque Demetrio chegou a Vologda, para axudarlle a escapar a Finlandia, pero o Gran duque negouse a abandonar o país.

O 14 de xullo de 1918, foi transportado, só, a un pequeno pobo onde o poderían vixiar máis facilmente. Alí foron levados tamén os grandes duques Xurxo Mikhailovich e durante o seu cativerio foron informados do asasinato do emperador Nicolao II e a súa familia o 17 de xullo de 1918.

Retorno a Petrogrado editar

O 21 de xullo de 1918, Demetrio e os outros grandes duques foron trasladados a Petrogrado. Alí foron encarcerados con outro seis detidos, na mesma cela situada na sede da Cheka. Dixéronlles que os detiveron para salvalos do linchamento popular. Daquela foron trasladados á prisión de Kresty e máis adiante á prisión de Shpalernaya, onde foron tratados con certa "consideración", principalmente deixábanlles facer camiñadas cotiás e permitíronlles enviar correspondencia.

Grazas á intervención de coñecidos como Maksim Gorki, tentouse conseguir de Lenin a liberación do príncipe Gabriel Constantinovich.[1] A finais de 1918, o príncipe enfermou, foi finalmente liberado e permitíuselle abandonar Rusia a través de Finlandia.[1][2]

Asasinato editar

Do seu asasinato non existe ningunha testemuña directa. Todas as informacións están baseadas en rumores, testemuños de segunda man que varían nalgúns puntos.[3] Pero no seu conxunto sábese como se desenvolveron as súas últimas horas. Ao once e media da noite do 27 de xaneiro de 1919, os gardas espertaron aos grandes duques Demetrio, Nicolao e Xurxo e informáronlles que serían trasladados. Demetrio e Nicolao pensaron que lles levaban a outro sitio ou que os liberarían, Xurxo, en cambio, sospeitou o fusilamento.

Foron subidos ao camión con algúns delincuentes comúns e seis gardas vermellos. Á unha e 20 da mañá do 28 de xaneiro de 1919, saíron da prisión. O camión andou cara ao río atravesando os Campos de Marte, nun certo punto detívose por avaría. Nese momento un dos detidos tentou fuxirse e foi detido por un disparo nas costas. Finalmente volveron arrincar e foron levados á Fortaleza de San Pedro e San Paulo. Baixando do vehículo, dirixíronos ao chamado bastión Trubertskói. Cando lles ordenaron quitarse as camisas viron que a execución era inminente e déronse un último abrazo fraternal.[4]

Nese momento, os soldados trouxeron a outra persoa, Demetrio recoñeceu ao seu primo o gran duque Paulo Romanov. Daquela foron levados a unha trincheira. Foron aliñados ante a fosa onde se atopaban xa trece corpos. Nicolás chegara ao lugar da execución co seu gato, que confiou a un soldado pedíndolle que coidase o animal. O gran duque Jorge rezou unhas oracións e Demetrio exclamou as palabras do Evanxeo: "Perdóaos, Señor, porque non saben o que fan".[5] O gran duque Paulo, moi enfermo, foi executado na padiola na que o transportaron.[5]

Ao terminar os asasinatos dos grandes duques, os seus corpos foron guindados á fosa. Os corpos de Nicolao Mikhailovich, Paulo Romanov e Xurxo Mikhailovich nunca foron atopados, pois a fosa foi cuberta por un ferro de cemento dun metro e medio de espesor. Con todo, o corpo de Demetrio foi recuperado ao día seguinte por Alexander von Leiming; que o envolveu nunha alfombra e levouno para ser inhumado de forma secreta no xardín dunha casa de Petrogrado onde aínda repousa.[6]

Notas editar

  1. 1,0 1,1 King & Wilson , Gilded Prism, p. 183
  2. King & Wilson , Gilded Prism, p. 188
  3. Cockfield, White Crow, p. 244
  4. “White Crow”: Cockfield, Jamie H, p. 245.
  5. 5,0 5,1 The Grand Dukes: Chavchavadze, p. 154.
  6. King & Wilson, Gilded Prism, p. 184

Véxase tamén editar

Bibliografía editar

  • Alexander, Grand Duke of Russia, Once a Grand Duke, Cassell, Londres, 1932.
  • Chavchavadze, David, The Grand Dukes, Atlantic, 1989, ISBN 0-938311-11-5
  • Cockfield, Jamie H, White Crow, Praeger, 2002, ISBN 0-275-97778-1
  • King, Greg & Wilson, Penny, Gilded Prism, Eurohistory, 2006, ISBN 0-9771961-4-3
  • Van der Kiste, John, The Romanovs 1818-1959, Sutton Publishing, 1999, ISBN 0-7509-2275-3.
  • Zeepvat, Charlotte, Romanov Autumn , Sutton Publishing, 2000, ISBN 0-7509-2739-9

Outros artigos editar

Ligazóns externas editar