Delairea odorata

especie de planta

Delairea odorata Lem.[1], é unha planta rubideira orixinaria de Suráfrica.

Planta.
Follas.
Flores.

Descrición editar

Delairea odorata é unha rubideira que rube ás árbores e alcanza unha altura de cinco metros nos climas axeitados. Co tempo chega a afogar as árbores. As follas son multi-lobuladas. As súas flores son de cor amarela. Unha característica que a distingue de Senecio angulatus son os pequenos apéndices na base dos talos das follas que teñen forma de orella. Contén escopina, un alcaloide tropánico.[2]

Usos editar

Esta planta cultívase como unha planta de interior pola súa follaxe ornamental.

Crecemento editar

Delairea odorata converteuse nunha especie invasora en California, Hawai, Oregón, Nova Zelandia e Australia. A planta cobre os arbustos e árbores, inhibindo o seu crecemento e tamén cubrirá a terra intensamente sobre un área ampla, o que impide a xerminación das sementes ou o cultivo.

A rubideira pode ser controlada ou eliminada mediante unha combinación de métodos físicos e químicos. A menos que o sistema da raíz sexa extraído ou se envenene, a planta volverá crecer. As plantas novas pódense sacar coas súas raíces, pero as plantas máis vellas despréndense deixando as raíces no seu lugar.

Taxonomía editar

Delairea odorata foi descrita por Charles Antoine Lemaire e publicada en Annales des Sciences Naturelles; Botanique, sér. 3 1: 379-381, no ano 1844.[3]

Sinonimia
  • Senecio mikanioides Otto ex Walp., 1848
  • Delairea scandens Auct.
  • Mikania senecioides hort.
  • Breonia palmata hort.
  • Ipomoea hederacea hort.

Notas editar

  1. Especies en The International Plant Names Index
  2. Adams, Roger; Gianturco, Maurizio (1957). "Senecio alkaloids: mikanoidine, the alkaloid from Senecio mikanoides" 79: 166–169. doi:10.1021/ja01558a045. 
  3. "Delairea odorata". Tropicos.org. Xardín Botánico de Misuri. Consultado o 9 de outubro de 2010. 

Véxase tamén editar

Ligazóns externas editar