Deep house (ou house profundo) é un subxénero da música house orixinado nos Estados Unidos de América durante a década dos 80. Trátase dunha mestura de soul e electrónica, caracterizada por ter un son suave, sensual, cálido, envolvente, pero bailable á vez. Tecnicamente é identificado polo seu medio tempo (aprox. 120-124 bpm), efectos ambientais como reverb ou delay e a influencia do jazz, a música mediterránea e o soul. Esta influencia percíbese no uso de acordes máis alá das tríades, incorporando acordes de sétima, novena, suspendidos, alteracións etc.

Deep house
Orixe musicalSoul, House, Jazz.
Orixe culturalEstados Unidos
Instrumentos típicosSintetizador, Sampler, Caixa de ritmos.

Grupos: