Un decodificador ou descodificador é un circuíto combinacional, cuxa función é inversa á do codificador, isto é, converte un código binario de entrada (natural, BCD etc.) de N bits de entrada e M liñas de saída (N pode ser calquera enteiro e M é un enteiro menor ou igual a 2N), tales que cada liña de saída será activada para unha soa das combinacións posibles de entrada. Estes circuítos, normalmente, adóitanse atopar como decodificador / demultiplexor. Isto é debido a que un demultiplexor pode comportarse como un decodificador.

Se por exemplo temos un decodificador de 2 entradas con 22=4 saídas, o seu funcionamento sería o que se indica na seguinte táboa, onde se considerou que as saídas se activen cun "un" lóxico:

Exemplo decodificador
Táboa de verdade para o decodificador de 2 a 4 liñas
Entradas Saídas
A B D3 D2 D1 D0
0 0 0 0 0 1
0 1 0 0 1 0
1 0 0 1 0 0
1 1 1 0 0 0

Un tipo de decodificador moi empregado é o de sete segmentos. Este circuíto decodifica a información de entrada en BCD a un código de sete segmentos adecuado para que se mostre nun visualizador de sete segmentos.

Aplicacións do Decodificador editar

A súa función principal é a de direccionar espazos de memoria. Un decodificador de N entradas pode direccionar 2N espazos de memoria.

Para poder direccionar 1kb de memoria necesitaría 10 bits, xa que a cantidade de saídas seria 210, igual a 1024.

Deste xeito: Con 20 bits => 220 = 1Mb; Con 30 bits => 230 = 1Gb etc.

Véxase tamén editar

Outros artigos editar