Decapitación

separación completa da cabeza do resto do corpo

A decapitación (do latín caput, capitis, que significa testa) é un xeito de execución que consiste en separar a cabeza do corpo. O resultado é a morte instantánea, xa que cercenar a testa priva a tódolos órganos das súas funcións involuntarias que son esenciais para o corpo, mentres que o cerebro é privado de sangue osixenado.

Execución por decapitación no Xapón de 1860.

A decapitación realízase xeralmente cun coitelo, espada, sabre, machado ou guillotina e durante moito tempo foi unha forma normal de aplicala pena de morte. A decapitación accidental pode ser o resultado dunha explosión,[1] accidente de coche ou industrial,[2] a execución errada por enforcamento ou outra ferida violenta. O suicidio por decapitación é raro pero non descoñecido.[3] É unha pena de morte legal en Arabia Saudita, Qatar e o Iemen, pero só se aplica no primeiro país.[4]

Galería de imaxes editar

Notas editar

  1. "Blows Head Off with Dynamite?". The Rhinelander Daily News. 2 de abril de 1937. p. 7. Consultado o 29 de setembro de 2014 – vía Newspapers.com. 
  2. ver Isadora Duncan
  3. BBC News, ed. (24 de abril de 2003). "Guillotine death was suicide". Consultado o 26 de setembro de 2008. 
  4. Weinberg, Jon (inverno de 2008). Harvard International Review, ed. "Sword of Justice? Beheadings Rise in Saudi Arabia". Arquivado dende o orixinal o 20 de marzo de 2014. Consultado o 22 de xullo de 2016. 

Véxase tamén editar

Outros artigos editar