Debuxos de negros

Debuxos de negros é o título dunha serie de doce láminas que Castelao debuxara durante a súa estancia en Cuba a finais de 1938 e primeiros de 1939, cando residía en Nova York. Están asinados en 1939.

Nove das láminas da serie recollen figuras de músicos, individuais ou en grupo, bailarinas e comparsas dos carnavais de Cuba. Outra representa un vendedor de lotería, outra un negro no inverno neoiorquino (Negriño en Nueva York), debuxada -ou esbozada- nesta cidade, e outra unha muller e un meniño de claros riscos orientais, probablemente tamén creada en Nova York [1].

Todos eles están realizados a augadas de tinta chinesa sobre papel, con medidas que oscilan entre os 30x22 e os 35x43 cm, e consérvanse no Museo de Pontevedra. Domingo García-Sabell, en 1970, describíaos así:

Os debuxos de negros, feitos en Cuba e en Norteamérica, en 1939, son sen dúbida unha das expresións máis verdadeiras, e máis patéticas, da creatividade do artísta.

Notas editar

  1. Este último debuxo está exposto no Museo de Pontevedra separado dos outros once, como se non formase parte da mesma carpeta.

Véxase tamén editar

Bibliografía editar

Ligazóns externas editar