Death to False Metal

álbum de Weezer

Death to False Metal é o noveno álbum da banda estadounidense de rock alternativo Weezer, publicado o 2 de novembro do 2010 a través do selo Geffen Records. O disco está formado por varias cancións non editadas anteriormente de toda a carreira do grupo.

Death to False Metal
Álbum de Weezer
Publicado2 de novembro do 2010
Gravación1993 - 2010
Duración32:52
Xénero(s)rock alternativo, power pop
Selo(s)Geffen Records
Producido porWeezer, Rick Rubin, Shawn Everett, Rivers Cuomo
Cronoloxía
Hurley Death to False Metal Everything Will Be Alright in the End

O disco foi lanzado simultaneamente coa edición deluxe do segundo álbum da banda, Pinkerton. O título fai referencia a unha frase que Manowar usa comunmente nas súas letras (como en "Master of the Wind") e nas súas portadas. A diferenza dos seus anteriores discos, este non foi promociondo coa edición de sinxelos.

Listaxe de cancións editar

Todos os temas compostos por Rivers Cuomo, agás onde se indique.

Edición estándar
  1. "Turning Up the Radio" – 3:37
  2. "I Don't Want Your Loving" – 3:03 (Rivers Cuomo, Brian Bell, Scott Shriner)
  3. "Blowin' My Stack" – 3:44
  4. "Losing My Mind" – 4:02
  5. "Everyone" – 2:49
  6. "I'm a Robot" – 2:31
  7. "Trampoline" – 2:45
  8. "The Odd Couple" – 3:07
  9. "Autopilot" – 2:57
  10. "Un-Break My Heart" (versión de Toni Braxton) – 4:11 (Diane Warren)
Cancións extra da edición nternacional
  1. "Yellow Camaro" – 1:54 (Brian Bell) [só no Xapón]
  2. "Outta Here" – 2:34
Canción extra da iTunes Store
  1. "Mykel & Carli" – 3:14