David Wenham

actor australiano

David Wenham nado o 21 de setembro de 1965 en Marrickville, Nova Gales do Sur, é un actor australiano de cine e televisión que acadou a fama internacional en 2002 pola súa interpretación de Faramir na triloxía d'O Señor dos Aneis de Peter Jackson.

Infotaula de personaDavid Wenham

Editar o valor em Wikidata
Biografía
Nacemento21 de setembro de 1965 Editar o valor em Wikidata (58 anos)
Marrickville (Australia) Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeAustralia Editar o valor em Wikidata
EducaciónUniversidade de Western Sydney (pt) Traducir Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupaciónactor de teatro , actor de televisión , actor de dobraxe , produtor de cinema , actor de cinema , director de cinema , actor Editar o valor em Wikidata
Período de actividade1987 Editar o valor em Wikidata -
LinguaLingua inglesa Editar o valor em Wikidata
Obra
Obras destacables

IMDB: nm0920992 Allocine: 17445 Rottentomatoes: celebrity/david_wenham Allmovie: p235700 TV.com: people/david-wenham
Discogs: 5806215 WikiTree: Wenham-228 Editar o valor em Wikidata

Traxectoria editar

A súa primeira interpretación consistiu nun pequeno papel na serie Sons and Daughters (1982). Despois de participar noutras series de televisión, deu o salto ó cine con Greenkeeping (1992) e Cosi (1996), das cales recibiu os parabéns do público e da crítica australiana. Pero foi con The Boys (1998) cando se afianzou definitivamente como un dos grandes actores australianos, conseguindo diversos premios e nomeamentos.

En 1998 tivo un papel principal na serie Seachange, de grande éxito, que lle serviu para afianzar a súa popularidade. En 1999 protagonizou o filme Molokai, para a que interpretou a vida do padre Damián de Molokai nunha comunidade de leprosos no Hawai do século XIX.

A participación de Wenham en filmes máis de sona mundial inclúen un pequeno papel en Mouling Rouge! (2001), o personaxe de Faramir en O Señor dos Aneis: As Dúas Torres (2002) e O Señor dos Aneis: O Regreso do Rei (2003) da triloxía d'O Señor dos Aneis de Peter Jackson, ó monxe Carl en Van Helsing (2004) e ó soldado espartano Dilios en 300 (2007).

Tamén foi protagonista na versión teatral de Cyrano de Bergerac en Melbourne durante o 2005.

Filmografía editar

Véxase tamén editar