David Trézéguet
David Sergio Trezeguet, nado en Ruán o 15 de outubro de 1977, é un futbolista francés. Xogou anteriormente dez anos no Juventus FC e tamén para a selección francesa de fútbol. É o máximo anotador da Juventus de fóra de Italia. Anotou o gol de ouro na final da Eurocopa do 2000 contra a selección italiana, que lle daba a vitoria a Francia por 2-1 na prórroga.
David Trézéguet | |||
---|---|---|---|
Información persoal | |||
Nome | David Sergio Trezeguet | ||
Nacemento | 15 de outubro de 1977 (46 anos) | ||
Lugar de nacemento | Ruán | ||
Altura | 1,90 m. | ||
Posición | Dianteiro | ||
Carreira xuvenil | |||
1991–1993 | Platense | ||
Carreira sénior | |||
Anos | Equipos | Aprs | (Gls) |
1993–1995 | Platense | 5 | (0) |
1995–2000 | Monaco | 93 | (52) |
2000–2010 | Juventus | 245 | (138) |
2010–2011 | Hércules | 30 | (12) |
Selección nacional | |||
1997 | Francia sub-21 | 5 | (5) |
1998–2008 | Francia | 71 | (34) |
Na rede | |||
http://www.trezegol.com | |||
Partidos e goles só en liga doméstica. Club: actualizado a 15 de maio de 2011 [ editar datos en Wikidata ] | |||
Traxectoria editar
Trezeguet comezou xogando para o Club Atlético Platense na primeira división arxentina. Despois, xogou 5 anos no AS Monaco da Ligue 1. No ano 2000, asinaría polo Juventus FC, club onde estivo 10 anos, e onde gañou 4 ligas, 2 copas de Italia, 2 supercopas, e foi finalista da UEFA Champions League no 2003 contra o AC Milan.
En 2010, asinou polo Hércules CF, onde anotou 12 goles en 31 partidos. O Hércules descendeu á Liga Adelante, e Trezeguet deixou o equipo ao rematar a tempada.