David Mitogo
David Edú García Mitogo, nado en Bata o 18 de maio de 1990 e finado o 11 de maio de 2023 no cruzamento entre os ríos Avia e Miño[1][2], foi un futbolista ecuatoguineano que xogaba como dianteiro. Desenvolveu a maior parte da súa carreira deportiva entre o Bierzo e Galicia e foi internacional coa selección de Guinea Ecuatorial.
Mitogo | |||
---|---|---|---|
Información persoal | |||
Nome | David García Mitogo | ||
Nacemento | 18 de maio de 1990 | ||
Lugar de nacemento | Bata | ||
Falecemento | 11 de maio de 2023 | ||
Lugar de falecemento | río Miño | ||
Altura | 1,75 m. | ||
Posición | Dianteiro | ||
Carreira xuvenil | |||
La Morenica | |||
Ponferradina | |||
La Morenica | |||
2006–2008 | Ponferradina | ||
Carreira sénior | |||
Anos | Equipos | Aprs | (Gls) |
2008–2012 | Ponferradina B | 78 | (14) |
2009–2010 | Ponferradina | 7 | (1) |
2012–2013 | Teruel | 31 | (4) |
2013 | Atlético Bembibre | 16 | (9) |
2014 | Vittoriosa Stars | 12 | (2) |
2015 | Atlético Bembibre | 7 | (3) |
2015–2016 | Barco | 31 | (10) |
2016 | Compostela | 16 | (4) |
2017 | Unionistas | 18 | (4) |
2017–2018 | Barco | 34 | (6) |
2018–2019 | Arenteiro | 27 | (4) |
2020 | Somozas | 4 | (0) |
2020–2021 | As Pontes | 31 | (11) |
2021 | Sarriana | 12 | (3) |
2022–2023 | Atlético Arnoia | 36 | (13) |
Selección nacional | |||
2010 | Guinea Ecuatorial sub-20 | 1 | (1) |
2010–2016 | Guinea Ecuatorial | 6 | (0) |
Na rede | |||
Partidos e goles só en liga doméstica. [ editar datos en Wikidata ] | |||
Traxectoria editar
Naceu na cidade ecuatoguineana de Bata, sendo fillo dun español e unha ecuatoguineana da etnia fang,[3] e aos tres anos instalouse coa súa familia en Vilafranca do Bierzo. Comezou a xogar ao fútbol co CD La Morenica de La Bañeza, e xogou unha tempada no equipo cadete da Ponferradina, antes de regresar ao La Morenica.[3] Aos 16 anos volveu á Ponferradina e un ano despois debutou co filial na Terceira División.[4]
O 20 de setembro de 2009, con 19 anos, produciuse a súa estrea co primeiro equipo da Ponferradina, nun partido da Segunda División B ante o Eibar, no que marcou ademais o seu primeiro gol, que serviu para colocar ao seu equipo líder.[5] Disputou outros seis encontros coa primeira escuadra nesa tempada, na que o conxunto berciano logrou o ascenso á Segunda División.
O 24 de outubro de 2010, xogando coa Ponferradina B ante o CD Huracán Z, sufriu unha rotura do ligamento cruzado anterior do xeonllo esquerdo, polo que estivo seis meses de baixa, e non volveu vestir a camiseta do primeiro equipo. Na tempada 2012/13 xogou no Teruel, tamén de Segunda B, co que acabou descendendo a Terceira. En 2013 regresou ao Bierzo fichando polo Atlético Bembibre. Tras unha breve experiencia no fútbol maltés, vestindo a camisola do Vittoriosa Stars de Birgu, e de xogar de novo no Atlético Bembibre, recalou en 2015 en Galicia, onde xogou durante os seguintes anos, coa única excepción duns meses no Unionistas de Salamanca.[6] Así, militou no Barco, no Compostela, no Arenteiro, no Somozas, no As Pontes e no Atlético Arnoia, no que xogaba no momento da súa desaparición.[7]
Selección nacional editar
En abril de 2010 foi convocado pola selección sub-20 de Guinea Ecuatorial para o un partido contra Gabón correspondente á clasificación para o Campionato Africano Xuvenil de 2011. Marcou o gol ecuatoguineano, nun encontro que acabou en empate (1-1).
A finais de xullo de 2010 recibiu a súa primeira convocatoria para a selección absoluta de Guinea Ecuatorial, coa que debutou nun amigable ante Marrocos o 11 de agosto no estadio Mohammed V de Rabat. Entrou como substituto de Juan Mbela no minuto 67 pero non puido evitar a derrota do seu equipo (2-1).[8] Nos seis anos seguintes disputou outros cinco partidos coa selección.
Desaparición editar
Desapareceu o 12 de maio de 2023, despois de enviar varias mensaxes de despedida ás súas amizades que fixeron pensar nun posible suicidio.[9][10] Saíu da casa dun amigo de madrugada, foi a un bar na Arnoia e despois desapareceu. O seu teléfono móbil apareceu na ponte que une A Arnoia e Ribadavia, e as autoridades iniciaron unha busca de varios días no río Miño.[7] O 23 de maio, 11 días despois da súa desaparición, o seu corpo foi finalmente localizado sen vida na gallada onde se xuntan as augas do Avia coas do Miño[11], máis próximo do lugar da Barca, na ribeira sur[12], a uns 250 metros de onde se presume que se botou ao río.
Notas editar
- ↑ "Buscan a Mitogo, exfutbolista de la Ponferradina y Unionistas de Salamanca, en el río Miño". As (en castelán). 12 de maio de 2023. Consultado o 20 de maio de 2023.
- ↑ "Máxima preocupación por el futbolista David Mitogo, que se encuentra desaparecido" (en castelán). 11 de maio de 2023. Consultado o 20 de maio de 2023.
- ↑ 3,0 3,1 "De Guinea Ecuatorial a Villafrancadel Bierzo" (en castelán). 22 de setembro de 2009. Consultado o 20 de maio de 2023.
- ↑ "El GCE Villaralbo manda en su debut en la liga y golea a la Ponferradina B". El Norte de Castilla (en castelán). 2008-09-14. Consultado o 2023-11-08.
- ↑ "Mitogo pone líder a la Ponferradina" (en castelán). 20 de setembro de 2009. Consultado o 20 de maio de 2023.
- ↑ "Unionistas CF refuerza su delantera con el ecuatoguineano David Mitogo" (en castelán). 6 de xaneiro de 2017. Consultado o 20 de maio de 2023.
- ↑ 7,0 7,1 "Continúa la búsqueda de Mitogo, futbolista del Atlético de Arnoia, tras cinco días desaparecido en Galicia". El Mundo (en castelán). 17 de maio de 2023. Consultado o 20 de maio de 2023.
- ↑ "El “Nzalang” nacional derrotado en su primer partido amistoso contra Marruecos" (en castelán). 13 de agosto de 2010. Consultado o 20 de maio de 2023.
- ↑ "Desgarrador mensaje de la madre del desaparecido Mitogo: "Que no haya hecho algo malo"". Antena 3 (en castelán). 20 de maio de 2023. Consultado o 20 de maio de 2023.
- ↑ "La Guardia Civil continúa la búsqueda del futbolista David García Mitogo en el río Miño" (en castelán). 22 de maio de 2023. Consultado o 24 de maio de 2023.
- ↑ "Encontran no río Avia o cadáver do futbolista David García Mitogo, desaparecido desde o 11 de maio". Nós Diario. 23 de maio de 2023. Consultado o 24 de maio de 2023.
- ↑ Casteleiro, Patricia (2023-05-23). "Aparece en el río el cuerpo sin vida de David García Mitogo". La Región (en castelán). Consultado o 2023-05-24.
Véxase tamén editar
Ligazóns externas editar
- Datos do xogador en LaPreferente.com (en castelán).