David Letterman, nado o 12 de abril de 1947 en Indianapolis, é un humorista, presentador e produtor de televisión [1] estadounidense.

Infotaula de personaDavid Letterman

Editar o valor em Wikidata
Biografía
Nacemento12 de abril de 1947 Editar o valor em Wikidata (77 anos)
Indianapolis, Estados Unidos de América Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeEstados Unidos de América Editar o valor em Wikidata
RelixiónLuteranismo Editar o valor em Wikidata
EducaciónUniversidade Estatal Ball
Broad Ripple High School (en) Traducir Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupaciónpresentador de televisión , actor , xornalista , escritor , humorista , weather presenter (en) Traducir , produtor de televisión Editar o valor em Wikidata
Período de actividade1974 Editar o valor em Wikidata -
Influencias
Pseudónimo literarioEarl Hofert Editar o valor em Wikidata
LinguaLingua inglesa, lingua xaponesa, lingua castelá e lingua italiana Editar o valor em Wikidata
Patrimonio estimado400 M$ (2015) Editar o valor em Wikidata
Familia
ParellaMerrill Markoe (pt) Traducir (1978–1988) Editar o valor em Wikidata
Premios

IMDB: nm0001468 Allocine: 38331 Rottentomatoes: celebrity/earl_hofert Allmovie: p42030 TV.com: people/david-letterman
Facebook: DavidLetterman Twitter: Letterman Instagram: letterman TikTok: letterman Last fm: David+Letterman Musicbrainz: 654c7842-b6a6-4dc4-a020-266d3e8fbef4 Songkick: 2336740 Discogs: 956832 Allmusic: mn0001506237 WikiTree: Letterman-29 Editar o valor em Wikidata

Traxectoria editar

Estudou na Ball State University onde se diplomou no departamento de radio e televisión en 1969 e foi na radio desa universidade onde comezou a súa carreira como comunicador. Presentador do talk show nocturno, Late Show with David Letterman na CBS onde recibe a personalidades famosas do mundo do cinema, a música e os deportes. Letterman é unha figura da televisión nocturna norteamericana desde 1982 cando comezou a presentar Late Night with David Letterman na NBC cun humor irónico e un tanto absurdo, tan só o seu mentor e amigo Johnny Carson ten unha carreira máis longa como presentador desa clase de programas. Letterman é tamén produtor de televisión, a súa empresa Worldwide Pants produce o seu programa así como o programa que lle segue The Late Late Show with Craig Ferguson. Worldwide Pants ademais tamén produce varias comedias que se emiten no horario de máxima audiencia, a de máis éxito foi Everybody Loves Raymond, que desde que rematou en 2005 segue a se emitir nos Estados Unidos en sindicación.

Letterman é propietario do equipo do equipo de automobilismo Rahal Letterman Racing.

Notas editar

  1. "David Letterman Biography". The New York Times. Consultado o 2009-02-03.