David Koechner
David Michael Koechner, nado o 24 de agosto de 1962,[1] é un cómico e actor estadounidense. É coñecido polos seus papeis como Champ Kind nos filmes de Anchorman e como Todd Packer na serie de NBC The Office.
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 24 de agosto de 1962 (61 anos) Condado de Moniteau, Estados Unidos de América (pt) |
Datos persoais | |
Residencia | Os Ánxeles |
País de nacionalidade | Estados Unidos de América |
Educación | Universidade de Misuri Benedictine College (en) |
Actividade | |
Ocupación | humorista , actor de dobraxe , cantante , actor de cinema , actor de televisión , guionista , músico |
Período de actividade | 1986 - |
Lingua | Lingua inglesa |
|
Koechner comezou na interpretación cando estudou comedia improvisada en Chicago en ImprovOlympic, baixo a dirección de Del Close, antes de unirse a Second City Northwest. Koechner trasladouse a Nova York en 1995, facendo numerosos números de comedia como parte de Saturday Night Live (1995–1996) e como cómico regular en Late Night with Conan O'Brien a mediados da década de 1990. En 1997, Koechner trasladouse ós Ánxeles e comezou a traballar de maneira continua en filmes e comedias de televisión, facendo as súas primeiras aparicións en filmes como Wag the Dog, Austin Powers: A espía que me achouchou e Man on the Moon.
Notas editar
- ↑ "The Face You Know: An Interview with Anchorman's David Koechner". Paste Magazine. Consultado o 9 de setembro de 2013.
Véxase tamén editar
Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: David Koechner |
Ligazóns externas editar
- David Koechner na IMDb (en inglés).