David Iglesias

Videoxogador e regueiro galego

David Iglesias, alcumado deportivamente Guanyar (pronunciado Guáñar[1]), nado en Santiago de Compostela o 28 de agosto[2] de 1997, é un xogador de videoxogos e regueiro galego en lingua castelá.

Infotaula de personaDavid Iglesias
Biografía
Nacemento28 de agosto de 1997 Editar o valor em Wikidata (26 anos)
Santiago de Compostela, España Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupaciónregueiro en Twitch , xogador de videoxogos Editar o valor em Wikidata

Traxectoria editar

Estudou ensino medio no Colexio LaSalle[3], en Santiago de Compostela. De neno practicou fútbol e atletismo, e foi árbitro de fútbol. Tamén xogaba a videoxogos, pero a partir de 2015 empezou a dedicarse a tempo completo a xogar. Marchou estudar a carreira a Barcelona e en 2018 empezou a competir profesionalmente en videoxogos.

En 2020 o pai enfermou[3] e el regresou a Santiago onde, coincidindo coa pandemia de covid-19, deixou de xogar unicamente (especialmente a Call of Duty) e empezou a ter unha posición máis protagonista, con contidos humorísticos, na súa canle de Twitch[3]. Tamén xoga Fortnite. En setembro de 2020 foi baneado de Twitch durante tres meses (ata decembro dese ano) por incluír, supostamente por erro[4], no seu rego un cu.

En marzo de 2021 Team Heretics fichouno[5] para o seu equipo de Fortnite e trasladouse a Madrid, onde xoga nunha vivenda común con outros cinco regueiros. Naquela altura tiña máis de 300 000 seareiros[3].

Notas editar

  1. "Entrevista a Guanyar -". Youtube (Markilokuras). Consultado o 2021-04-25. 
  2. "Twitter (IlloRobert)". Twitter. Consultado o 2021-04-25. 
  3. 3,0 3,1 3,2 3,3 "Guanyar: «Mi madre, al ver que me ganaba bien la vida, aceptó que podía vivir de Twitch»". La Voz de Galicia (en castelán). 2021-04-25. Consultado o 2021-04-25. 
  4. "Me han baneado de Twitch por esto...". Youtube (Guanyar). Consultado o 2021-04-25. 
  5. "Joined @TeamHeretics". Twitter (Guanyarr). Consultado o 2021-04-25.