David Fernández Dopico

militar e político galego

David Fernández Dopico, nado en Sillobre (Fene) o 7 de xuño de 1910 e finado no mesmo concello o 19 de outubro de 1989,[1] foi un militar e político galego.

Infotaula de personaDavid Fernández Dopico
Biografía
Nacemento7 de xuño de 1910 Editar o valor em Wikidata
Sillobre, España Editar o valor em Wikidata
Morte19 de outubro de 1989 Editar o valor em Wikidata (79 anos)
Fene, España Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeEspaña Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupaciónmilitar Editar o valor em Wikidata
LinguaLingua castelá Editar o valor em Wikidata

Traxectoria editar

Oficial de mariña do exército republicano. Exiliouse en Tunisia onde foi internado nun campo de concentración. Pasou despois ao campo de Kenchela (Alxeria) en 1941. Militante do Partido comunista. Retornou a Galicia en 1974.

Afeccionado á fotografía, realizou imaxes da fuxida dos buques de Cartagena ante a ofensiva franquista o 5 de marzo de 1939 cunha frota de 15 buques, despois de sublevarse contra a oficialidade co almirante Miguel Buiza ao mando. Con estas fotografía, o seu fillo montou a exposición A Mariña Republicana. David pertencía ao destrutor Churruca e algunhas das imaxes mostran á tripulación do buque en diferentes zonas e tarefas entre 1934 e 1935.

Notas editar

  1. Necrolóxica en La Voz de Galicia, 20-10-1989, p. 71.

Véxase tamén editar

Ligazóns externas editar