David Bravo

xurista español


David Bravo Bueno, nado o 20 de febreiro de 1978 en Sevilla, é un avogado andaluz especializado en dereito informático e especialmente en propiedade intelectual. Coñecido pola súa participación en debates ou faladoiros para defender o dereito a compartir cultura e coñecemento, divulgando en que consiste o dereito á copia privada ou o termo copyleft, grazas a Internet e as redes de pares (P2P) entre outras ferramentas.

Infotaula de personaDavid Bravo Bueno

Bravo en 2007, conferencia en Granada Byte Festival
Biografía
Nacemento20 de febreiro de 1978 (46 anos)
Sevilla Andalucía Andalucía
Deputado no Congreso dos Deputados
4 de xaneiro de 2016 – 3 de maio de 2016

Circunscrición electoral: Circunscrición electoral de Almería

Datos persoais
País de nacionalidadeEspaña Editar o valor em Wikidata
RelixiónAteísmo Editar o valor em Wikidata
Actividade
Campo de traballoPropiedade intelectual Editar o valor em Wikidata
OcupaciónAvogado
EmpregadorTraballador independente Editar o valor em Wikidata
LinguaLingua castelá Editar o valor em Wikidata

Páxina webdavidbravo.es Editar o valor em Wikidata
Twitter: dbravo Musicbrainz: 80f11516-73f8-4035-a1c3-c34f68da3ecf Editar o valor em Wikidata

En marzo de 2005 publica unha misiva[1] dirixida ao presidente do Goberno de España, José Luis Rodríguez Zapatero, en relación á Lei sobre propiedade intelectual, a favor de compartir o coñecemento e de non restrinxir aínda máis, na súa opinión, os dereitos de autor.

En xuño do mesmo ano presentou Copia este libro,[2] publicado baixo Creative Commons que, como el mesmo escribiu, trata de...

...as redes P2P, os medios de comunicación e a súa creación dunha moral artificial, o canon e a cultura do medo.[3]

Tamén actuou como avogado colaborando coas protestas de maio de 2011 en España.

Notas editar

Véxase tamén editar

Ligazóns externas editar