Dattatreya Ramachandra Kaprekar

matemático indio

Dattatreya Ramachandra Kaprekar, nado en Dahanu, India, o 17 de xaneiro do 1905 e finado en Devlali, tamén na India, no 1986, foi un matemático indio. Salientou polas súas investigacións no eido da Teoría dos números.

Dattatreya Ramachandra Kaprekar
Nome completoदत्तात्रेय रामचंद्र कापरेकर
AlcumeGanitanand
Nacemento17 de xaneiro de 1905
Lugar de nacementoDanu
Falecemento1986
Lugar de falecementoDeolali
NacionalidadeRaj Británico, India e Dominio da India
Alma máterFergusson College
Ocupaciónmatemático
Coñecido pornúmero de Kaprekar, constante de Kaprekar, algoritmo de Kaprekar, número de Demlo, número harshad e autonúmero
editar datos en Wikidata ]

Biografía e traxectoria editar

Estudou no Fergusson College de Pune, gañando no 1927 un importante premio matemático indio. Continou os seus estudos na Universidade de Mumbai, licenciándose pero sen chegar a doutorarse. Traballou como mestre de escola na cidade india de Nashik.

Entre as súas contribucións ás matemáticas figuran os descubrimentos dunha clase de números e dunha constante que levan o seu nome.

Véxase tamén editar

Outros artigos editar

Ligazóns externas editar