Darius Songaila

baloncestista lituano

Darius Songaila, nado o 14 de febreiro de 1978 en Kapsukas, RSS de Lituania, Unión Soviética, é un xogador lituano de baloncesto profesional que xoga no BC Lietuvos Rytas da Lietuvos Krepšinio Lyga. É ademais membro da selección lituana de baloncesto.

Darius Songaila
BC Lietuvos Rytas – No. 25
Posición Ala-pivote/Pivote
Liga Lietuvos Krepšinio Lyga
Información persoal
Nacemento 14 de febreiro de 1978 (45 anos)
Kapsukas, RSS de Lituania, Unión Soviética
Nacionalidade Lituania Lituania
Altura 2,01 m (6 ft 7 in)
Peso oficial 93 kg (205 lb)
Información da carreira
Universidade Wake Forest (1998–2002)
NBA Draft 2002 / Rolda: 2 / Elección: 50
Por Boston Celtics
Carreira dende 2002
Historial de equipos

NBA editar

Songaila foi seleccionado na 50ª posición do Draft da NBA de 2002 polos Boston Celtics, quen traspasaron os seus dereitos aos Sacramento Kings.[1]

Xogou no CSKA Moscova na tempada 2002-03, onde gañou a Superliga de baloncesto de Rusia.

Songaila fichou polos Sacramento Kings en xuño de 2003. Fixo 6.1 puntos e 3.7 rebotes en 154 partidos (28 de titular) cos Kings en dúas tempadas.

Songaila asinou un acordo por un ano cos Chicago Bulls en setembro de 2005. Tivo a tempada máis exitosa da súa carreira cos Bulls, onde acadou 9.2 puntos e 4.0 rebotes en 62 partidos, 7 deles coma titular. Con todo, sufriu unha lesión no nocello en marzo de 2006 e perdeuse os últimos 20 partidos.

O 17 de xullo de 2006, Songaila fichou polos Washington Wizards. O acordo foi de 5 anos cun valor de 23 millóns de dólares.[2] Perdeuse os primeiros 45 partidos tras a operación dunha hernia discal, e fixo 7.6 puntos e 3.6 rebotes en 37 partidos.

Finalmente, Songaila converteríase nunha gran opción no banco dos Wizards e un titular ocasional. Acadou 6.2 puntos e 3.4 rebotes na tempada 2007-08. Ao remate da tempada 2008-09, Songaila converteuse en titular debido ás lesións dos seus compañeiros Brendan Haywood e Andray Blatche. Xogou de inicio en 29 partidos, facendo 7.4 puntos e capturando 2.9 rebotes.

O 23 de xuño de 2009, foi traspasado aos Minnesota Timberwolves xunto a Oleksiy Pecherov, Etan Thomas, e unha elección de primeira rolda do Draft, a cambio de Randy Foye e Mike Miller.[3]

O 9 de setembro de 2009, foi traspasado aos New Orleans Hornets xunto con Bobby Brown, a cambio de Antonio Daniels e unha elección da segunda rolda do Draft de 2014.[4]

O 23 de setembro de 2010, foi traspasado aos Philadelphia 76ers xunto ao ala-pivote rookie Craig Brackins a cambio de Willie Green e Jason Smith.[5]

En xullo de 2011, asinou un contrato dun ano co Galatasaray da liga turca.[6]

Notas editar

  1. "NBA Draft Board". NBA.com. Arquivado dende o orixinal o 09 de marzo de 2011. Consultado o 2011-01-29. 
  2. "Agent: Songaila signs 5-year, $23M deal with Wizards". 
  3. "Source: Foye, Miller head to Wiz". 2009-06-24. Consultado o 2010-09-23. 
  4. "HORNETS ACQUIRE SONGAILA, BROWN FROM TIMBERWOLVES". NBA.com. 2009-09-09. Consultado o 2009-09-09. 
  5. "Rookie Craig Brackins traded to 76ers". 2010-09-23. Consultado o 2010-09-23. 
  6. Galatasaray lands big man Songaila

Véxase tamén editar

Ligazóns externas editar