Dante Exum

baloncestista australiano

Dante Exum, nado o 13 de xullo de 1995 en Melbourne, é un xogador australiano de baloncesto profesional que xoga no KK Partizan.

Dante Exum
Partizan NIS  – No. 1
Información persoal
Nacemento 13 de xullo de 1995 (28 anos)
Australia Melbourne, Australia
Altura 1,98 m (6 ft 6 in)
Peso oficial 86 kg (190 lb)
Posición Base / Escolta
Información da carreira
Instituto Thomas Carr College (Melbourne)
Lake Ginninderra (Canberra)
NBA Draft 2014 / Rolda: 1 / Elección: 5
Por Utah Jazz
Carreira 2014−presente
Historial de equipos
Utah Jazz (2014–2019)
Cleveland Cavaliers (2019–2021)
Barcelona (2021–2022)
Partizan (2022–presente)

Traxectoria profesional editar

O 26 de xuño de 2014, Exum foi seleccionado na 5ª posición do Draft da NBA de 2014 polos Utah Jazz.[1][2] O 11 de xullo de 2014, asinou o seu contrato de rookie cos Jazz e uniuse ó equipo para a Liga de Verán da NBA de 2014.[3] O 29 de outubro de 2014, Exum fixo o seu debut na NBA, acadando 5 puntos, 1 asistencia e 1 roubo de balón na derrota por 93-104 contra os Houston Rockets.[4]

O 24 de decembro de 2019, Exum foi traspasado xunto a dúas futuras eleccións da segunda rolda do Draft ós Cleveland Cavaliers, a cambio de Jordan Clarkson.[5]

O 16 de xaneiro de 2021, Exum foi traspasado ós Houston Rockets nun traspaso entre tres equipos que tamén mandou a James Harden ós Brooklyn Nets,[6] pero non chegou a xogar cos Rockets.

O 7 de decembro de 2021, Exum asinou un contrato de dous meses e medio co FC Barcelona da Liga ACB.[7]

O 10 de xullo de 2022, Exum asinou por unha tempada co KK Partizan serbio.[8]

Notas editar

  1. Jazz Selects Exum, Hood in 2014 NBA Draft
  2. "Welcome to Utah, Danté Exum and Rodney Hood". Arquivado dende o orixinal o 25 de xaneiro de 2015. Consultado o 26 de decembro de 2014. 
  3. Jazz Signs First-Round Picks Danté Exum and Rodney Hood
  4. "Rockets spoil Snyder's NBA coaching debut". Arquivado dende o orixinal o 25 de decembro de 2014. Consultado o 26 de decembro de 2014. 
  5. "Utah Jazz acquire guard Jordan Clarkson". NBA.com. 24 de decembro de 2019. Arquivado dende o orixinal o 24 de decembro de 2019. Consultado o 24 de decembro de 2019. 
  6. "Rockets Announce Revised Four-Team Trade". NBA.com. 16 de xaneiro de 2021. Consultado o 17 de xaneiro de 2021. 
  7. "Dante Exum, a reinforcement for the perimeter". FCBarcelona.com. 7 de decembro de 2021. Consultado o 7 de decembro de 2021. 
  8. "Dante Egzum je novi košarkaš Partizana NIS". kkpartizan.rs. Consultado o 2022-07-10. 

Véxase tamén editar

Ligazóns externas editar