Danilo Gallinari

baloncestista italiano

Danilo Gallinari, nado o 8 de agosto de 1988 en Sant'Angelo Lodigiano, é un xogador italiano de baloncesto profesional que xoga nos Milwaukee Bucks da National Basketball Association (NBA).

Danilo Gallinari
Milwaukee Bucks – No. 12
Posición Ala-pivote / Ala
Información persoal
Nacemento 8 de agosto de 1988 (35 anos)
Sant'Angelo Lodigiano
Nacionalidade Italia Italia
Altura 2,08 m (6 ft 10 in)
Peso oficial 106 kg (233 lb)
Información da carreira
NBA Draft 2008 / Rolda: 1 / Elección: 6
Por New York Knicks
Carreira dende 2004
Historial de equipos
Assigeco Casalpusterlengo (2004–2005)
Nuova Pallacanestro Pavia (2005–2006)
Olimpia Milano (2006–2008)
New York Knicks (2008–2011)
Denver Nuggets (2011–2017)
Olimpia Milano (2011)
Los Angeles Clippers (2017–2019)
Oklahoma City Thunder (2019–2020)
Atlanta Hawks (2020–2022)
Washington Wizards (2023–2024)
Detroit Pistons (2024)
Milwaukee Bucks (2024–presente)

Traxectoria profesional editar

Italia editar

Gallinari comezou a xogar profesionalmente no ano 2004 no Casalpusterlengo,[1] equipo da Serie B1 (terceira división italiana).

En 2005, Gallinari foi fichado polo Armani Jeans Milano. Estes o mandaron ao Edimes Pavia, equipo da segunda división italiana, durante a tempada 2005-06 para xogar moitos minutos e gañar experiencia. Tan só xogou a metade da tempada debido a unha lesión, pero no ano 2006 foi nomeado para o mellor xogador italiano da segunda división, onde fixo 14.3 puntos, 3.4 rebotes, 2.0 roubos e 0.8 asistencias por encontro en 17 partidos.[2]

En 2006, foi rechamado polo AJ Milano para xogar a tempada 2006-07 con eles na primeira división, e na ULEB Eurocup, a segunda gran competición europea. Na súa primeira tempada, Gallinari foi nomeado coma o mellor xogador da liga de 22 anos ou menos, acadando 10.9 puntos, 4.0 rebotes, 1.7 roubos e 1.0 asistencias por partido en 34 encontros da liga regular, e 11.5 puntos, 3.7 rebotes, 2.1 roubos e 0.9 asistencias en 8 partidos de playoffs.[3] Ademais, gañou o concurso de triplas do All-Star italiano en 2007.

Na súa derradeira tempada no Milano,[4] na tempada 2007-08, fixo 17.5 puntos, 5.6 rebotes, 2.0 roubos e 1.3 asistencias por partido en 33 encontros da tempada regular, e 18.1 puntos, 6.5 rebotes, 1.8 roubos e 1.5 asistencias por partido en 8 encontros de playoffs.[5]

NBA editar

Gallinari foi elixido na 6ª posición do Draft da NBA de 2008 polos New York Knicks, e asinou un contrato por dous anos co equipo.[6]

O 22 de febreiro de 2011, Gallinari foi traspasado aos Denver Nuggets nun traspaso a tres bandas, que incluíu tamén aos Minnesota Timberwolves, e que levou a Carmelo Anthony e a Chauncey Billups a Nova York.[7]

Durante o lockout da NBA de 2011, volveu un tempo a Italia para xogar outra vez no Emporio Armani Milano.[8]

Notas editar

  1. Danilo Gallinari
  2. "LegaDue page on Gallinari". Arquivado dende o orixinal o 12 de febreiro de 2012. Consultado o 11 de xaneiro de 2012. 
  3. "LegaA page on Gallinari.". Arquivado dende o orixinal o 04 de febreiro de 2012. Consultado o 11 de xaneiro de 2012. 
  4. "Lega A page on Gallinari.". Arquivado dende o orixinal o 22 de xaneiro de 2012. Consultado o 11 de xaneiro de 2012. 
  5. "LegaA page on Gallinari.". Arquivado dende o orixinal o 04 de febreiro de 2012. Consultado o 11 de xaneiro de 2012. 
  6. Knicks sign Gallinari
  7. "Nuggets acquire five players, three picks in three-team trade". NBA.com. 2011-02-22. Consultado o 2011-02-23. 
  8. "ARMANI MILAN brings Gallinari home". Arquivado dende o orixinal o 05 de novembro de 2014. Consultado o 11 de xaneiro de 2012. 

Véxase tamén editar

Ligazóns externas editar