Daniel Zueras

cantante español

Daniel Zueras Herreros, nado en Zaragoza o 13 de novembro de 1980, é un cantante aragonés de pop e dance. A súa música é unha mestura Pop/Dance e R&B, con influencias da electrónica dos anos 80. Foi concursante do concurso musical de Telecinco Operación Triunfo 2006, quedando en segundo posto, por detrás de Lorena.

Daniel Zueras
Concerto en Ariño, agosto 2007
Data nacemento13 de novembro de 1980
Nado enZaragoza
Ocupacióncantante
Xéneropop, dance
Selo(s) discográfico(s)Universal Music- Vale Music
Na rede
DanielZuerasFanClub.com
Musicbrainz: fd828e4c-901a-4ca9-a4cc-7f2bc3e2b67e Discogs: 930152 Editar o valor em Wikidata
editar datos en Wikidata ]

Traxectoria editar

Desde moi pequeno quixo dedicarse ó mundo da música. Fillo dun axente comercial e dunha cociñeira, estudou solfexo e piano. Gústalle correr pero, sobre todo, cantar. Antes de ingresar en Operación Triunfo traballaba como camareiro os fins de semana nun cine da capital aragonesa, pero sempre quixo dedicarse á música, sendo o seu ídolo Mariah Carey. No 2006 chegou a súa oportunidade.

Operación Triunfo editar

En 2006, Daniel presentouse aos cástings de Barcelona, nos que pasou tódalas probas ata que lle deron a feliz noticia de que era un dos 20 finalistas que actuarían na Gala 0 de Operación Triunfo con Jesús Vázquez.

Dende o inicio do concurso Daniel caracterizouse na Academia pola súa doce voz, coa que interpretou temas Pop e baladas, coma "Otra vez" (de Coti con Paulina Rubio), "Unchained Melody", de Righteous Brothers, "Last Christmas" de George Michael, "Blue Velvet", de Bobby Vinton, ou "Me & Mrs. Jones", de Billy Paul. Daniel conseguiu o segundo posto, por diante de Leo e a poucos votos de Lorena, gañadora do concurso.

Siempre sale el sol editar

Despois de pasar varios meses traballando entre Roma e Madrid, o seu álbum debut, compaxinándoo cos concertos de Operación Triunfo, o 23 de abril de 2007 saíu ó mercado, Siempre sale el sol un disco con temas pop, dance e R&B.

Unha semana antes publicárase o primeiro single do disco (16 de abril), que se titula "No quiero enamorarme". Dende esa data o videoclip tivo moita repercusión entre o público, debido a que nese vídeo saen escenas con contidodo sexual (un trío entre Daniel, unha moza e un mozo). O vídeo, segundo Daniel, pretendía romper coa imaxe de mozo inocente que se lle deu na Academia. En Youtube, o videoclip tivo máis de 628.080 visualizacións en 7 meses.

Durante os primeiros 5 meses no mercado, Daniel vendeu 25.000 copias do seu disco Siempre sale el sol, que chegou a ocupar o posto #31 das listas de vendas españolas.

Zuelas recibiu un premio como Artista Revelación do 2007, outorgado polo Grupo Vocento, pola súa trayectoria musical.

Discografía editar

Álbums editar

Sinxelos editar

  • "No Quiero Enamorarme" (2007)

Véxase tamén editar

Ligazóns externas editar