Daniel Carballo Cousido

escritor, xornalista e político galego

Daniel Carballo Cousido, nado na Coruña o 14 de marzo de 1824 e finado en Madrid o 29 de decembro de 1889[1], foi un xornalista e político galego.

Infotaula de personaDaniel Carballo Cousido

Editar o valor em Wikidata
Biografía
Nacemento14 de marzo de 1824 Editar o valor em Wikidata
A Coruña, España Editar o valor em Wikidata
Morte29 de decembro de 1889 Editar o valor em Wikidata (65 anos)
Madrid, España Editar o valor em Wikidata
Gobernador civil da provincia de Madrid
Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeEspaña Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupaciónxornalista , escritor , político Editar o valor em Wikidata
LinguaLingua castelá Editar o valor em Wikidata
Luisa de Prat Gandiola, cadro de Vicente López Portaña (c. 1845).

Traxectoria editar

Fillo de Tomasa Cousido, de Pontedeume, e de Tomás Carballo Casado, de Tioira (Maceda).[2]

Comezou a súa formación na Coruña e despois foi estudar leis á Universidade de Santiago de Compostela. En 1846 instalouse en Madrid, dedicándose ao xornalismo. Foi redactor do Boletín Oficial del Ministerio de Comercio e do periódico El Fomento e director do periódico madrileño La Nación. Militou na Unión Liberal, foi elixido deputado polo distrito da Coruña en 1854 e 1858, polo distrito de Xinzo de Limia en 1865, novamente polo da Coruña en 1869, polo de Betanzos en 1871 e 1872 e polo distrito de Ortigueira en 1876 e 1879. Foi director xeral de Sanidade (1865) Gobernador civil de Madrid, Director Xeral de Facenda e das Minas de Río Tinto en Huelva.

Vida persoal editar

Casou coa zaragozana Luisa de Prat Gandiola, marquesa de Barbançon.

Recoñecementos editar

Polos logros obtidos para a cidade da Coruña, a Reunión Recreativa e Instructiva de Artesanos presidida por José Soto González construíulle un monumento nos Xardíns de Méndez Núñez da autoría de Agustín Querol, que se inaugurou o 30 de agosto de 1896.

Notas editar

  1. Necrolóxica en La Correspondencia de España, 4-1-1890, p. 4.
  2. Barreiro López, Bernardo (1986). "Un Ilustre Prócer coruñés: Daniel Carballo". Revista Instituto José Cornide de Estudios Coruñeses (22): 163–176. 

Véxase tamén editar

Bibliografía editar

Ligazóns externas editar