Danie Gerber

xogador de rugby surafricano

Daniel Mattheus "Danie" Gerber, nado o 14 de abril de 1958 en Porto Elizabeth, é un ex xogador surafricano de rugby, que defendeu as cores dos Springboks entre 1980 e 1992. Xogou principalmente na posición de centro co número 13, sendo considerado un dos mellores xogadores da historia nesa posición, ata o punto de ser elixido en 2007 para formar parte do International Rugby Hall of Fame (o Salón da Fama Internacional do Rugby). Tamén foi elixido xogador do ano en Suráfrica nos anos 1984, 1985 e 1992.

Infotaula de personaDanie Gerber
Biografía
Nacemento14 de abril de 1958 Editar o valor em Wikidata (66 anos)
Porto Elizabeth, Suráfrica Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeSuráfrica Editar o valor em Wikidata
Altura187 cm Editar o valor em Wikidata
Peso90 kg Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupaciónxogador de rugby Editar o valor em Wikidata
Período de actividade1977 Editar o valor em Wikidata - 1994 Editar o valor em Wikidata
LinguaLingua inglesa Editar o valor em Wikidata
Deporterugby a 15 Editar o valor em Wikidata
Posición de xogoCentre (en) Traducir Editar o valor em Wikidata
Traxectoria
  Equipo enllaç= enllaç=
1980-1992 Selección de rugby de Suráfrica (82) Editar o valor em Wikidata

A súa capacidade ofensiva foi devastadora, facía cambios de ritmo nunca vistos, desfacíase dos placaxes rivais, abría hocos entre as defensas onde non semellaba habelos, e anotaba ensaios cunha frecuencia insólita.

Carreira deportiva editar

A nivel doméstico, Gerber competiu na Currie Cup (a liga surafricana de rugby) vestindo as camisolas de Eastern Province (48 ensaios en 116 encontros)[1], Western Province (40 encontros) e Free State (24 encontros). Nun tempo no que o rugby union aínda era un deporte afeccionado, Gerber foi tentado a pasarse ó rugby league profesional das Illas Británicas, concretamente para asinar cos Wigan Warriors, pero rexeitou aquela gran oferta económica por considerala un sacrilexio. No seu último ano como xogador, Gerber mudouse a Italia para xogar no equipo L'Aquila Rugby (25 encontros) co cal acadou o título de liga en 1994, deixando en 20 ensaios o récord histórico anotador dun xogador nunha soa tempada desa liga.

Coa selección surafricana xogou tan só 24 encontros entre 1980 e 1992 (ningún entre 1987 e 1991) por mor do boicot que recibiu o seu país, a conta do apartheid. Neses 24 encontros anotou 19 ensaios, o que supón a mellor relación de ensaios por encontro na historia dos Springboks. Este boicot supuxo a non participación de Danie Gerber en ningunha Copa do Mundo de Rugby, nuns anos nos que posiblemente era o xogador máis desequilibrante do planeta.

Notas editar

Véxase tamén editar

Ligazóns externas editar