Dan Graham

artista estadounidense

Dan Graham, nado en Illinois o 31 de marzo de 1942 e finado o 19 de febreiro de 2022[1] foi un artista estadounidense.

Infotaula de personaDan Graham

Editar o valor em Wikidata
Biografía
Nacemento(en) Daniel Harry Ginsberg Editar o valor em Wikidata
31 de marzo de 1942 Editar o valor em Wikidata
Urbana, Estados Unidos de América (pt) Traducir Editar o valor em Wikidata
Morte19 de febreiro de 2022 Editar o valor em Wikidata (79 anos)
Manhattan, Estados Unidos de América Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeEstados Unidos de América Editar o valor em Wikidata
Actividade
Campo de traballoInstalación, artes visuais e Arte conceptual Editar o valor em Wikidata
Lugar de traballo Nova York (1964–2013) Editar o valor em Wikidata
Ocupaciónescultor , artista conceptual , videoartista , artista de performance , artista visual , fotógrafo , xornalista , gravador , arquitecto , ensaísta Editar o valor em Wikidata
Membro de
Xénero artísticoArte abstracta Editar o valor em Wikidata
MovementoArte abstracta e Arte conceptual Editar o valor em Wikidata
LinguaLingua inglesa Editar o valor em Wikidata
RepresentanteHauser & Wirth (pt) Traducir, Lisson Gallery (en) Traducir, Electronic Arts Intermix (en) Traducir, Marian Goodman Gallery (en) Traducir e LIMA (en) Traducir Editar o valor em Wikidata
Participou en
21 de xuño de 1997documenta x (en) Traducir
13 de xuño de 1992Documenta IX (en) Traducir
19 de xuño de 1982Documenta 7 (pt) Traducir
24 de xuño de 1977Documenta 6
30 de xuño de 1972Documenta 5 (pt) Traducir Editar o valor em Wikidata
Obra
Obras destacables

IMDB: nm6174027 Musicbrainz: d4a523d2-eadb-4f1e-91e6-dcf82b15a45b Discogs: 482267 Editar o valor em Wikidata

Traxectoria editar

Nado en Illinois, Estados Unidos, foi criado principalmente en Nova Jersey.[2] A obra de Graham intégrase en movementos de arte moderna como minimalismo, arte conceptual e performances. Ademais, compuxo música rock, foi crítico de arte e arquitectura, escritor, escultor e foi colaborador de arquitectos e artistas.

Os seus Pavillons, en particular, foron ben aceptados e expostos por toda Europa e Xapón, como na Documenta 7 (1982) de Kassel e no parque de esculturas do Museo Kröller-Müller de 1985 (Two Adjacent Pavillions).

Con todo, Graham non recibiu nos Estados Unidos o recoñecemento que fixeron os seus amigos e contemporáneos Robert Smithson, Gordon Matta-Clark, Vito Acconci, Sol Lewitt, Carl Andre, Dan Flavin e moitos outros.

Dan Graham viviu e traballou en Nova York.

Obra en Galiza editar

Na illa das Esculturas de Pontevedra hai unha obra súa exposta titulada 'Pirámide'. Segundo Antón Castro, comisario da mostra, esa peza é a única que non se fixo especificamente para a illa, senón que fora feita para a Bienal de Arte que se celebrou en 1988. Rematada a exposición, a Pirámide, realizada na Escola de Canteiros de Poio con granito rosa Porriño, foi precisamente para o concello do Porriño. Foi Antón Castro, de acordo co artista, o que a recuperou para integrala na exposición da illa das Esculturas en 1999.[2]

Galería de fotos editar

Notas editar

  1. "Dan Graham, 1942 – 2022". Lisson Gallery (en inglés). Consultado o 2023-04-08. 
  2. 2,0 2,1 Pontevedra, Diario de (2022-02-21). "Falece Dan Graham, escultor da 'Pirámide' do parque da Illa da Esculturas". Diario de Pontevedra (en castelán). Consultado o 2023-04-08. 

Véxase tamén editar

Bibliografía editar