A dacriocistite é a inflamación do saco lacrimal. Reflúe o contido lacrimal por unha obstrución das vías lacrimais. Hai 3 presentacións:

  • Dacriocistite aguda: cursa con inflamación e moita dor. Hai que tratalas rapidamente pola súa proximidade coa vea angular. Adóitanse producir en persoas cunha base hixiénica deficiente.
  • Dacrioscistite crónica: lacrimación continua e ollos vermellos.
  • Dacriocistite do novo nado: producida por algunha infección xa sexa pola nai ou adquirida no momento do parto.
Dacriocistite
Clasificación e recursos externos
DiseasesDB3432
Aviso médico.
Aviso médico.
Advertencia: A Wikipedia non dá consellos médicos.
Se cre que pode requirir tratamento, por favor, consúltello ao médico.

Etioloxía editar

Existen múltiples causas que poden provocar dacriocistites. A maioría delas corresponde á obstrución do conduto nasolacrimal, o que provoca predisposición á infección por sobrecrecemento bacteriano. Dentro dos axentes máis frecuentes atópanse Staphylococcus aureus, Streptococcus pneumoniae, BGN e Pseudomonas aeruginosa. En ocasións, particularmente en mulleres, pódese desenvolver a formación de microcálculos a nivel da glándula o que provoca dacriocistites de repetición. Nos nados novos, a presenza de dacriocistite ocorre principalmente debido á obstrución conxénita da vía lacrimal, principalmente a nivel postsacular nas válvulas de Hasner.[1]

Cadro clínico editar

O cadro clínico caracterízase pola presenza de epífora, xeralmente unilateral, ademais de dor e aumento de volume a nivel medial do ollo na cara lateral do nariz.

Tratamento editar

O tratamento baséase principalmente na masaxe e calor local a nivel da lesión, ademais de antibióticos sistémicos con cobertura para Stafiloccoco polo menos durante 14 días. En pacientes onde se investigue a presenza da obstrución post sacular, pódese realizar unha sondaxe ou en casos máis severos, unha dacriocistorrinostomía, a cal queda en mans de oftalmólogos ou otorrinolaringólogos.

Complicacións editar

Notas editar

  1. "Wayback Machine" (PDF). web.archive.org. 26 de maio de 2013. Archived from the original on 26 de maio de 2013. Consultado o 20 de novembro de 2021.