DJ Son1c

DJ e locutor de radio galego

Felipe Tarrío García máis coñecido coma DJ Son1c, nado en Xenebra (Suíza)[1]. o 1 de decembro de 1984, é un DJ e locutor de radio coruñés, famoso por publicar o primeiro tema de música dance en galego, "A festa non vai parar". Ademais de ser un referente na comunidade de Galicia, non só pola súa gran traxectoria, senón por ser o único DJ en Galicia que aposta pola música dance en galego dende o ano 2007.

Infotaula de personaDJ Son1c

Editar o valor em Wikidata
Biografía
Nacemento1 de decembro de 1984 Editar o valor em Wikidata (39 anos)
Xenebra, Suíza Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeEspaña Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupacióndisc-jóckey Editar o valor em Wikidata

Discogs: 1108496 Editar o valor em Wikidata

Traxectoria editar

A súa carreira como DJ empezou no ano 2002 traballando en varios locais da súa cidade. E sendo residente de salas emblemáticas galegas como: Albatros (Gandarío, A Coruña), Bambina (Sta. Cristina, A Coruña), Tattoo (A Estrada, Pontevedra), O Barranco (Touro, A Coruña), Maty (Pontecesures, Pontevedra), Slava (Cee, A Coruña)... Tamén actuou como DJ invitado en practicamente todas as salas galegas, e incluso de fóra de Galicia.

Estivo presente en varios dos mellores festivais como podemos lembrar: O Son da muralla (Salvaterra de Miño, Pontevedra), Moguda dance festival (Millennium, Cataluña), Holi beach festival (Vinaròz, Castellón), Calahorra festival (A Rioxa), The montesound festival (Pontevedra). Festival de Benicarlò (Castellón), Electronic festival (Valjunquera, Teruel)...

Compartiu escenario cos mellores artistas da escena musical de talle mundial... Sash, Cascada, Kate Ryan, Italobrothers, Gabry Ponte, Dj Lhasa, Sak Noel, Juan Magan, DJ Nano, DJ Marta, Soundlovers, Ana Mena, Dani Moreno, Danny Romero, Marian Dacal, Jose de Rico, Victor Magan, Dj Neil ou Henry Mendez, entre outros...

Na súa faceta como locutor de radio puidemos escoitalo en radios tan importantes como; Loca FM, Onda Local, Radio Líder, Radio Salnés e Fórmula Hit.

Foi DJ Residente de salas emblemáticas coma: Tatto (A Estrada, Pontevedra), Slava (Cee, A Coruña), Chanteclair (Pontecesures, Pontevedra) entre outras.

Actualmente é residente da Impacto, unhas das empresas de espectáculos máis importantes da comunidade galega.

Singles editar

Remixes editar

  • "No Se Ve" de Emilia e Ludmilla (Remix feito por DJ Son1c xunto a Andy Grape) (2024)
  • "Si No Estás" de Iñigo Quintero (Remix feito por DJ Son1c xunto a Andy Grape) (2023)
  • "Terra" de Tanxugueiras (Remix feito por DJ Son1c xunto a Andy Grape) (2022)
  • "El incomprendido" de Farruko (Remix feito por DJ Son1c xunto a Andy Grape) (2021)
  • "Pepas" de Farruko (Remix feito por DJ Son1c xunto a Andy Grape) (2021)
  • "What is love (Avec moi)" Remix fusionando dúas cancións dos 90 ("What Is Love" Haddaway e "Voulez Vous Coucher Avec Moi" Daddy K) (Remix feito por DJ Son1c xunto a Andy Grape) (2020)
  • "Fantasías" de Rauw Alejandro e Farruko - (Remix feito por DJ Son1c xunto a Andy Grape) (2020)
  • "Tusa" de Karol G, Nicki Minaj - (Remix feito por DJ Son1c xunto a Andy Grape) (2020)
  • "Pousa pousa" de A Roda (Remix feito por DJ Son1c) (2018)
  • "A rianxeira" (Remix feito por DJ Son1c) (2017)
  • "Lo malo" de Aitana e Ana Guerra (Remix feito por DJ Son1c xunto a Jack Mazzoni) (2018)
  • "Reggeton Lento" de CNCO (Remix feito por DJ Son1c xunto a Jack Mazzoni) (2017)

Notas editar

  1. «Hai unha crise da noite» Arquivado 16 de setembro de 2008 en Wayback Machine., entrevista de Nacho Mirás Fole en La Voz de Galicia, 25 de agosto de 2008.
  2. "Galicia está de festa", videoclip en YouTube.
  3. "Festa Rachada", videoclip en YouTube (Consultado o 27 de Maio do 2019).

Véxase tamén editar

Ligazóns externas editar