Dólar de Kiribati

moeda oficial da República de Kiribati
Dólar de Kiribati
Kiribati Dollar
Código:KID
Ámbito: Kiribati
Símbolo:$
Fracción:100 cents (¢)
Moedas:5, 10, 20 e 50 cents
1 e 2 dólares
Billetes:Os billetes circulantes son de dólar australiano
Emisor:Banco de Reserva de Australia
Taxa de troco:
14-08-2011
1 EUR = 1,3765 KID
1 USD = 0,966 KID
Troco actual

O dólar de Kiribati é a moeda oficial da República de Kiribati. Non é unha moeda independente, mais posúe o mesmo valor que o dólar australiano. Foron impresas e están en circulación dende 1979, circulando xunto ás moedas e billetes de dólar australiano. Estas moedas, a pesar de posuír o mesmo valor que o dólar de Australia, circulan con menor frecuencia que esta.

Historia editar

Antes da súa independencia, as moedas australianas xa circulaban en Kiribati (daquela chamado Illas Gilbert) entre 1966 e 1979. Antes da introdución en Australia do dólar, a libra australiana era frecuentemente empregada nas illas Gilbert e Ellice.

Durante a ocupación xaponesa das illas durante a segunda guerra mundial, o Oceania Pound, e tódolos billetes creados polo Goberno Xaponés para que foran unha moeda universal no Pacífico, estiveron en uso. A libra australiana restaurouse como a moeda nacional oficial logo do final da Guerra.

En 1979 introduciuse a nova moeda de Kiribati para lexitimar o seu novo status político independente.

Moedas editar

As moedas foron introducidas en 1979 en denominacións de 1, 2, 5, 10, 20 e 50 céntimos e de 1 dólar. A excepción dos 50 céntimos e 1 dólar, as moedas son do mesmo tamaño que as moedas australianas correspondentes. Os 50 céntimos son máis pequenos e redondos, mentres que a de 1 dólar é máis grande e posúe a forma dun dodecágono.

Descricións dos reversos das distintas moedas:

Véxase tamén editar

Outros artigos editar