Dólar antártico

O dólar antártico (Antarctican dollar en inglés) é un obxecto de colección producido pola compañía Antarctica Overseas Exchange Office Ltd., coa aparencia de billetes de banco nacionais supostamente para ser empregados no continente antártico. Estes billetes non son de curso legal na Antártida, nin en ningún país, se ben a compañía emisora promete rescatalos "ao seu valor nominal durante todo o seu período de validez".[1]

Antarctica Overseas Exchange Office sostén que inviste unha parte de todo o recadado pola venda dos dólares antárticos para contribuír con organizacións que procuran levar a cabo proxectos de investigación e humanitarios na rexión antártica.[2]

Notas editar

  1. "Antarctica Overseas Exchange Office Website". Arquivado dende o orixinal o 07 de xullo de 2011. Consultado o 18 de marzo de 2010. 
  2. "Peter Symes Review". Arquivado dende o orixinal o 11 de abril de 2013. Consultado o 18 de marzo de 2010. 

Véxase tamén editar

Ligazóns externas editar