O Día dos Mortos é unha celebración mexicana de orixe hispánica que honra os defuntos o 2 de novembro, malia que comeza o 1 de novembro (Día de Defuntos), seguindo as celebracións católicas do Día de Todos os Santos.[1] É unha festividade mexicana e estendida tamén por parte de Centroamérica, amais de en moitas comunidades dos Estados Unidos, onde existe unha gran poboación mexicana e centroamericana. A Unesco declarou esta festividade como Patrimonio da Humanidade. O Día dos Mortos é un día festexado tamén no Brasil, como Día dos Finados.

Día dos Mortos

Notas editar

  1. Sanguino, Julieta (29 de outubro de 2021). "Día de Muertos: el origen no tan prehispánico de la tradición mexicana". El País. 

Véxase tamén editar

Outros artigos editar

Ligazóns externas editar