Cynfarch Oer, tamén coñecido como Cunomarcus ou Cynfarch ap Meirchion, foi probabelmente rei no século VI do reino de Rheged, que se cre que estaba situado no noroeste de Inglaterra e no suroeste de Escocia.

Infotaula de personaCynfarch Oer
Biografía
Nacementoséculo V Editar o valor em Wikidata
Morte570 Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeRheged Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupaciónmonarca Editar o valor em Wikidata
Familia
CónxuxeNefyn ach Brychan
FillosUrien, Llew ap Cynfarch (en) Traducir Editar o valor em Wikidata
PaiMeirchion Gul Editar o valor em Wikidata
IrmánsLlywarch Hen Editar o valor em Wikidata

Historia editar

Non se coñece casen ada de Cynfarch. Aparece nas liñaxes galesas antigas dos britónicos 'Homes do Norte' como fillo do igualmente escuro Meirchion Gul (Marciano o Delgado) e como pai do moito mellor documentado Urien Rheged. O seu nome foi malia todo ben lembrado e a súa familia foi coñecida como os 'Cynferchyn' na súa honra. O seu pouco glorioso epíteto Oer probabelmente significa '(o) Non Benvido' (literalmente 'frío').

Considérase que Cynfarch reinou en Rheged antes que Urien. De aí o topónimo Dunragit (en gaélico Dùn Reicheit), preto de Stranraer, que aparentemente contén a palabra 'Rheged' e as historias de March ap Meirchion (ou Cunmarch ap Meirchion) na mesma área. Se cadra foi un dos que participou na Batalla de Arfderydd en 573.