Cyanocorax cyanomelas

Cyanocorax cyanomelas é unha especie de ave paseriforme da familia dos córvidos, unha das 17 comprendidas no xénero Cyanocorax, propia de América do Sur, que habita en diversas zonas da Arxentina, Bolivia, o Brasil, Paraguai, o Perú e o Uruguai.

Cyanocorax cyanomelas

Cyanocorax cyanomelas en Poconé,
Pantanal Norte, Mato Grosso
Estado de conservación
Pouco preocupante (LC)
Pouco preocupante[1]
Clasificación científica
Reino: Animalia
Clase: Aves
Orde: Passeriformes
Familia: Corvidae
Xénero: Cyanocorax
Especie: C. cyanomelas
Nome binomial
Cyanocorax cyanomelas
(Vieillot, 1818)
Área de distribución de Cyanocorax cyanomelas
Área de distribución de Cyanocorax cyanomelas

Área de distribución de Cyanocorax cyanomelas
C. cyanomelas. Ilustración de 1838

Taxonomía editar

Descrición editar

A especie foi descrita por primeira vez en 1818 polo ornitólogo francés Louis Jean Pierre Vieillot,[2][3] baixo o nome Pica cyanomelas.[4]

Sinónimo editar

Ademais de polo nome actualmente válido, a especie coñeceuse tamén polo sinónimo:[4]

Nota taxonómica editar

Non presenta subespecies. Posibelmente forma unha superespecie con Cyanocorax caeruleus; aínda que se suxeriu que Cyanocorax violaceus e Cyanocorax cristatellus poderían ser membros da mesma superespecie.[4]

Características editar

É un paxaro grande, mide 37 cm. A coloracion da súa plumaxe é un tanto apagada, nun ton violáceo escuro, coa cabeza e a garganta mouros e a cola de cor violeta máis viva por arriba.[5]

Hábitat e distribución editar

O seu hábitat natural son os bosques secos tropicais ou subtropicais, os bosques húmidos de terras baixas e os bosques antigos degradados.

Distribúese desde o extremo sueste do Perú, norte e leste de Bolivia, Paraguao, suroeste do Brasil, norte da Arxentina e o extremo noroeste do Uruguai.[1][4]

Comportamento editar

Vive en bandadas pouco cohesionadas de 8 a 10 individuos, que recorren áreas forestadas e bordos de bosques, frecuentando tamén áreas abertas con árbores dispersos; ás veces baixan ao solo.[5]

Ave inquisidora, investiga calquera perturbación nos seus dominios, formando grupos, ás veces asociados a unha bandada de Cyanocorax chrysops. Acusan forte alarma ante a presenza de intrusos, alertando á fauna sobre a presenza humana ou doutros predadores.[6]

Vocalización editar

Emite un cra, cra, cra rouco e forte mentres está encaramado nas árbores ou durante o voo, que é un tanto pesado.[5]

Estado de conservación editar

A Unión Internacional para a Conservación da Natureza e dos Recursos Naturais, coniderando que esta especie ten unha área de distribución moi ampla e, polo tanto, non se aproxima ao limiar de vulnerábel baixo o criterio do tamaño da [[área de distribución. A tendencia de poboación parece ser estábel e, polo tanto, non se aproxima ao limiar de vulnerábel segundo o criterio de tendencia de poboación. Aínda que non se cuantificou o tamaño da poboación, non se cre que se aproxime ao limiar de vulnerabel baixo o criterio de tamaño da poboación, polo que cuaifica o status da especie como LC (pouco preocupante).[1]

Notas editar

  1. 1,0 1,1 1,2 BirdLife International (2018): Cyanocorax cyanomelas na Lista vrmella da UICN. Versión 2021-3. Consultada o 24 de febreiro de 2022.
  2. Cyanocorax cyanomelas (Vieillot, 1818) no GBIF. Consultado o 24 de febreio de 2022.
  3. Cyanocorax cyanomelas (Vieillot, 1818) no BioLib. Consultado o 24 de febreio de 2022.
  4. 4,0 4,1 4,2 4,3 (Cyanocorax cyanomelas) en IBC - The Internet Bird Collection.
  5. 5,0 5,1 5,2 Ridgely, Robert, Cyanocorax cyanomelas, p. 254, en Gwyne, John, Ridgely, Robert, Tudor, Guy & Argel, Martha (2010): Aves do Brasil Vol.1 Pantanal e Cerrado. Editora Horizonte. ISBN 978-85-8803-129-6.
  6. Tomas Sigrist (2013): Avifauna brasileira: guia de campo Avis Brasilis. São Paulo: Avis Brasilis Editora. ISBN 978-85-6012-025-3, p. 442.

Véxase tamén editar

Bibliografía editar

  • del Hoyo J., Elliott A., Sargatal J., Christie D.A. & de Juana E. (eds.).: Handbook of the Birds of the World. Barcelona: Lynx Edicions. ISBN 84-8733-420-2. (Citado como Cyanocorax cyanomelas Vieillot, 1818)
  • Remsen J. V. Jr., Cadena C. D., Jaramillo A., Nores M., Pacheco J. F., Pérez-Emán J., Robbins M. B., Stiles F. G., Stotz D. F. & Zimmer K. J. (2016): "A Classification of the bird species of South America". South American Classification Committee. American Ornithologists' Union.
  • Stotz, D. F., Fitzpatrick, J. W., Parker, T. A. and Moskovits, D. K. (1996): Neotropical Birds: Ecology and Conservation. Chicago: University of Chicago Press. ISBN 978-0-2267-7629-3.

Outros artigos editar

Ligazóns externas editar