Cyanocorax cayanus

Cyanocorax cayanus é unha especie de ave paseriforme da familia dos córvidos, unha das 17 comprendidas no xénero Cyanocorax.[2][3]

Cyanocorax cayanus
Estado de conservación
Pouco preocupante (LC)
Pouco preocupante[1]
Clasificación científica
Reino: Animalia
Filo: Chordata
Subfilo: Vertebrata
Clase: Aves
Orde: Passeriformes
Familia: Corvidae
Xénero: Cyanocorax
Especie: C. cayanus
Nome binomial
Cyanocorax cayanus
(Linnaeus, 1766)
Área de distribución de Cyanocorax cayanus
Área de distribución de Cyanocorax cayanus

Área de distribución de Cyanocorax cayanus

Taxonomía editar

Descrición editar

En 1760 o zoólogo francés Mathurin Jacques Brisson incluíu unha descrición da pega de Caiena na súa Ornithologie, baseado nun exemplar recollido en Caiena, Güiana Francesa, utilizou o nome francés Le geay de Cayenne e o latino Garrulus Cayanensis.[4]

Aínda que Brisson acuñou nomes latinos, estes non se axustaban ao nomenclatura binomial e non son recoñecidos pola Comisión Internacional de Nomenclatura Zoolóxica.[5]

Cando en 1766 o naturalista sueco Carl Linnaeus actualizou o seu Systema Naturae para a duodécima edición, engadiu 240 especies que foran previamente descritas por Brisson. Unha destas foi a pega de Caiena. Linneo incluíu unha breve descrición, acuñou o nome binomial Corvus cayanus e citou o traballo de Brisson.[6]

Esta especie está agora situada no xénero Cyanocorax que foi introducido polo zoólogo alemán Friedrich Boie en 1826.[7][8]

Sinónimo editar

A especie tamén foi coñecida polo nome que lle deu Linneo:[2]

Subespecies editar

Non se recoñece ningunha subespecie.[9]

Distribución editar

É unha especie propia do norte de América do Sur, encontrándose en Bolivia, no Brasil, en Güiana, na Güiana Francesa, en Suriname e en Venezuela.[1]

Hábitat editar

Seu hábitat natural son os bosques húmidos tropicais e zonas de matogueiras, aínda que tamén vive en bosques degradados.[1]

Estado de conservación editar

A Unión Internacional para a Conservación da Natureza e dos Recursos Naturais, tendo en conta que esta especie ten unha área de distribución moi grande e, polo tanto, non se aproxima aos limiares de vulnerábel baixo o criterio de tamaño da área de distribución, a extensión e calidade do seu hábitat e o tamaño da poboación. A tendencia de poboación parece ser estábel e, polo tanto, a especie non se achega aos limiares de vulnerable segundo o criterio de tendencia de poboación. Non se cuantificou o tamaño da poboación, pero non se cre que se aproxime aos limiares de vulnerábel baixo o criterio de tamaño da poboación. Por estes motivos a especie é avaliada como LC (pouco preocupante).[1]

Notas editar

  1. 1,0 1,1 1,2 1,3 BirdLife International (2016): Cyanocorax cayanus na Lista vermella da UICN. Versión 2021-3. Consultada o 23 de febreiro de 2022.
  2. 2,0 2,1 Cyanocorax cayanus (Linnaeus, 1766) no GBIF. Consultado o 23 de febreiro de 2022.
  3. Cyanocorax cayanus (Linnaeus, 1766) no BioLib. Consultado o 23 de febreiro de 2022.
  4. Brisson, Mathurin Jacques (1760): Ornithologie, ou, Méthode contenant la division des oiseaux en ordres, sections, genres, especes & leurs variétés. Vol. 2. pp. 52–54. Paris: Jean-Baptiste Bauche. (en francés), (en latín).
  5. Allen, J. A. (1910): "Collation of Brisson's genera of birds with those of Linnaeus". Bulletin of the American Museum of Natural History 28: 317–335.
  6. Linnaeus, Carl (1766): Systema naturae: per regna tria natura, secundum classes, ordines, genera, species, cum characteribus, differentiis, synonymis, locis. Volume 1, Parte 1 (12ª ed.). Holmiae (Estocolmo): Laurentii Salvii. p. 157.
  7. Boie, Friedrich (1826): "Generalübersicht". Isis von Oken. Col. 975.(en alemán)
  8. Mayr, Ernst and Greenway, James C. Jr, eds. (1962): Check-list of birds of the world. Vol. 15. Cambridge, Massachusetts: Museum of Comparative Zoology. p. 220.
  9. Gill, Frank & Donsker, David, eds. (2018): "Crows, mudnesters, birds-of-paradise". World Bird List. Versión 8.1. International Ornithologists' Union. Consultada o 23 de febreiro de 2022.

Véxase tamén editar

Bibliografía editar

  • Stotz, D. F., Fitzpatrick, J. W., Parker, T. A. and Moskovits, D. K. (1996): Neotropical Birds: Ecology and Conservation. Chicago: University of Chicago Press. ISBN 978-0-2267-7629-3.

Outros artigos editar