Curtocircuíto (festival)

festival de cinema en Santiago de Compostela

Curtocircuíto é un festival internacional de cine, que se organiza en Santiago de Compostela dende o ano 2004[1]. Dende o ano 2013 o seu director é Pela del Álamo[2] substituíndo ó británico Tim Redford. Tradicionalmente o festival estivo centrado nas curtametraxes pero desde 2013 integrou na súa programación longametraxes e todo tipo de formatos audiovisuais. En 2015 o modelo de festival incluÍu propostas doutras disciplinas artísticas, sempre en diálogo co cinema. Desde entón, é presentado como un festival interdisciplinar que, tomando o cinema como eixo, prantexa unha programación heteroxénea que inclúe música, arte sonora, fotografía, artes visuais, etnografía ou literatura.

Curtocircuíto
Tipofestival de cinema
Data de fundación2004
SedeSantiago de Compostela
PaísGalicia
Na rede
https://curtocircuito.org/gl
IMDB: ev0035246 Editar o valor em Wikidata
editar datos en Wikidata ]
Pela del Álamo presentando o Curtocircuíto de 2016.

Forma parte xunto con Cineuropa e Amal do grupo de festivais de cine que se celebran na capital galega.

O Festival editar

Realízase entre finais de setembro en comezos de outubro, aínda que con anterioridade ocupou outras datas. Desde o 2016 ten catro categorías competitivas:

  • Radar: Unha das dúas sección oficiais onde se dan cita a propostas cine de autor internacionais.
  • Explora: A outra sección oficial céntrase nas propostas mais transgresoras e experimentais.
  • Planeta GZ: Na que se reúnen pezas producidas ao longo dese ano en Galicia e polo que teñen pasado directores galegos como Xacio Baño, Jaione Camborda, Santos Díaz, Álvaro Gago ou Lois Patiño.
  • Penínsulas: Centrado na produción de curtametraxes no conxunto do estado.

Son habituais dentro do festival obradoiros de creación e outras seccións como retrospectivas e proxeccións de autores nacionais ou internacionais como Oliver Laxe, Jessica Sarah Rinland ou Aki Kaurismaki[3].

Durante os días do festival organízanse concertos en varias salas da cidade.

Palmarés editar

2019 editar

Premio Radar: The Sasha, de María Molina.[4]

Premio Explora: ALTIPLANO, de Malena Szlam.

Premio Planeta GZ: En la Boca da Mina, de Brandán Cerviño.

Premio Penínsulas: Urpean Lurra, de Maddi Barber.

2018 editar

Premio Radar: Solar Walk, Réka Bucsi.[5]

Premio Explora: Monelle, Diego Marcon.

Premio Planeta GZ: Uluru, de Alberte Pagán.

Premio Penínsulas: Mi amado, las montañas, de Alberto Martín Menacho.

2017 editar

Premio Radar: Find, Fix, Finish de Mila Zhluktenko e Sylvain Cruiziat.[6]

Premio Explora: Y Berá. aguas de luz de Sarah Jessica Rinland.

Premio Planeta GZ: Aysha de Fon Cortizo.

Premio Penínsulas: Contact de Alessandro Novelli.

2016 editar

Premio Radar: Boy who cried de Mark Rappaport.[7]

Premio Explora: B-roll with Andre de James N. Kunitz.

Premio Planeta GZ: Rueda cabeza de Borja Santomé.

Premio Penínsulas: La disco resplandece de Chema García Ibarra.

2015 editar

Premio Radar: Blood Below the Skin de Jennifer Reeder.[8]

Premio Explora: Sound of a Million Insects, Light of a Thousand Stars de Tomomari Nishikawa

Premio Planeta GZ: Sin Dios ni Santa María de Helena Girón e Samuel M. Delgado.

2014 editar

Premio Radar: Traversées, de Antoine Danis.[9]

Premio Explora: Substanz, de Sebastian Mez.

Premio Planeta GZ: Ser e voltar, de Xacio Baño.

Notas editar

  1. "Curtocircuíto 2015 – Curtocircuíto". curtocircuito.org. Arquivado dende o orixinal o 28 de maio de 2020. Consultado o 2020-04-26. 
  2. "Curtocircuíto estrena director y nuevo calendario". La Voz de Galicia (en castelán). 2013-11-21. Consultado o 2020-04-26. 
  3. "O CINEASTA AKI KAURISMÄKI VISITARÁ CURTOCIRCUÍTO – Curtocircuíto". curtocircuito.org. Arquivado dende o orixinal o 14 de decembro de 2018. Consultado o 2020-04-26. 
  4. "Palmarés Curtocircuíto 2019". curtocircuito.org (en castelán). Arquivado dende o orixinal o 28 de maio de 2020. Consultado o 2020-04-26. 
  5. "Palmarés Curtocircuíto 2018". curtocircuito.org. Arquivado dende o orixinal o 24 de febreiro de 2020. Consultado o 2020-04-26. 
  6. "Palmarés 2017". curtocircuito.org. Arquivado dende o orixinal o 28 de maio de 2020. Consultado o 2020-04-26. 
  7. "PALMARÉS CURTOCIRCUÍTO 2016 – Curtocircuíto". curtocircuito.org. Arquivado dende o orixinal o 28 de maio de 2020. Consultado o 2020-04-26. 
  8. "PALMARÉS 2015 – Curtocircuíto". curtocircuito.org. Arquivado dende o orixinal o 28 de maio de 2020. Consultado o 2020-04-26. 
  9. "Curtocircuíto 2014". Magnolia (en inglés). 2014-10-17. Consultado o 2020-04-26. 

Véxase tamén editar

Ligazóns externas editar


 
 Este artigo é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre.