Cucumber (serie de televisión)

serie de televisión británica de 2015

Cucumber é unha serie de televisión británica creada por Russell T Davies e retransmitida pola Channel 4 en 2015. Estivo en desenvolvemento dende o ano 2006 e anunciouse en novembro de 2013 que se ía complementar coas series Banana (da E4), e Tofu (da 4oD en formato de serie web). Os títulos das tres series proveñén dun estudo científico sobre a erección masculina que clasifica a dureza do pene nunha escala que se compón do tofu, banana pelada, banana e cogombro (de máis brando a máis duro). Despos de ler o estudo, Davies destacou que "daquela souben que xa tiña a miña historia".[1]

Cucumber
FormatoSerie de televisión
Creado porRussell T Davies
Dirixido porRussell T Davies
Intérpretes
País de orixeReino Unido
Lingua(s)Inglés
Temporadas1
Episodios8
Produción
Produtor(es)
executivo(s)
Localización(s)Manchester
Duración45 minutos (aprox.)
Emisión orixinal
Canle de orixeChannel 4
Primeiro episodio22 de xaneiro de 2015
Derradeiro episodio12 de marzo de 2015
Na rede
http://www.channel4.com/programmes/cucumber
IMDB: tt3848112 Rottentomatoes: tv/cucumber Metacritic: tv/cucumber Editar o valor em Wikidata
editar datos en Wikidata ]

Cucumber só ten unha tempada. Davies confirmou que a trama non continuaría nunha segunda tempada.[2] A serie foi candidata aos Premios GLAAD.[3]

Sinopse editar

A serie explora a vida gay do século XXI, poñendo o foco en Henry Best (interpretado por Vincent Franklin), un home de mediana idade cuxa vida estábel e predecíbel desaparece após romper a súa relación co seu mozo dende hai nove anos, Lance Sullivan (interpretado por Cyril Nri). Terá que embarcarse nunha nova vida con regras que lle son descoñecidas.

Elenco editar

Notas editar

  1. "Russell T Davies Explores 21st Century Gay Life in New Drama for C4". Channel 4 Press Office. 19 de novembro de 2013. Consultado o 25 de xaneiro de 2015. 
  2. Jeffery, Morgan (21 de xaneiro de 2015). "Russell T Davies talks Ch4's Cucumber". Digital Spy. Consultado o 4 de abril de 2020. 
  3. "GLAAD Media Awards: The Winners List". The Hollywood Reporter. 3 de abril de 2016. Consultado o 3 de abril de 2017. 

Véxase tamén editar

Ligazóns externas editar