Cuboku é o nome dunha variación do Cubo de Rubik no que en cada cara está os números do 1 ao 9 como nunha grella dun Sudoku. Isto fai que a resolución do cubo sexa un pouco máis difícil que a dun cubo de Rubik convencional porque cada número debe ir no seu lugar adecuado e os cubiños do centro deben ter tamén a orientación correcta. Os demais cubiños alinearanse unha vez que estean na súa posición exacta como se fose un cubo de Rubik común.

Exemplo dun cuboku aínda sen resolver.

Esta variante está dispoñible nos tamaños 3×3×3 e 4×4×4. O que merca o cuboku acostuma notar que realmente non é un cubo de Rubik con números escritos nel. Se o cubo está coloreado de maneira que este pode ser resolto tan só mirándolle ás cores, non é un cuboku.

Descrición editar

O deseño das pezas do cubo de Rubik permite xirar as súas caras sen que o cubo se desarme, e para buscar a súa solución hai que conseguer que cada cara sexa dunha mesma cor. No cuboku as caras dunha mesma cor foron substituídas por rexións de sudokus. Se se observa a cara superior do cuboku observarase que non pode ser un sudoku, posto que hai números que se repiten na mesma fila ou columna, o que vai en contra da principal regra dos sudokus.

Os números do cuboku editar

Un cuboku está formado por 27 cubiños, 26 visibles e un deles oculto (como no cubo de Rubik).

  • Hai 8 cubiños de esquiña, que mostran 3 caras ao exterior.
  • Son 12 os cubiños con dúas caras visibles.
  • No centro de cada unha das 6 caras do cuboku hai un cubiño que só mostra unha cara ao exterior.
  • Cada cara dun cubiño mostra unha rexión dun sudoku, o que implica que o cuboku contén 54 rexións coas que se forman 6 sudokus principais.
  • O número de sudokus posibles, sen ter en conta a orientación das rexións, non está calculado e é o reto do cuboku.

Véxase tamén editar

Ligazóns externas editar