O cuélebre na mitoloxía asturiana é un ser con forma de dragón-serpe con ás.

Talla de madeira dun cuélebre.

En Asturias cóntase que unha das súas funcións é a de ollar polos tesouros. Na mitoloxía ástur son comúns as referencias a estes tesouros agochados, que xeralmente consisten en pezas de ouro de moito valor. Para a súa procura hai unhas guías chamadas lliendas que describen os lugares onde se atopan.

O Cuélebre é molesto para os homes que moran preto de onde se agochan, que pode ser unha fraga, unha cova ou unha fonte, xa que deixar ouvir asubíos terríbeis e ten por costume xantar persoas, tanto vivas coma mortas. Para evitar que isto ocorra dánselle alimentos, como boroña.

O punto feble do Cuélebre é a gorxa, xa que o resto do corpo fica cuberto por unhas duras escamas que o tornan invulnerábel. Ao facerse vellos, vanse ao fondo do mar a coidar os seus tesouros e descansar.

Lendas editar

Hai moitas historias nas que se conta como os campesiños chegaron a vencelo mediante enganos e así vense ceibes de ter que alimentalo, como por exemplo a que conta que uns monxes, cansados de teren que darlle de xantar para evitar que se levara os cadáveres do convento, decidiron darlle un pan con alfinetes que lle causou a morte.

Ramón Sordo Sotres[1] recolle unha lenda de Valle Baju onde os nuberus entran nas simas (torcas en asturiano) para extraerlles sangue ós cuélebres. Outra historia semellante de Cabrales fala duns misteriosos persoeiros chamados gurmantes que entraron nunha torca a capturar un cuélebre, avisando á xente que recollera o gando, pois provocarían unha tormenta de saraiba. Finalmente conseguen atrapar o cuélebre atándoo cos cordóns dos zapatos. Estes mesmos persoeiros, chamados tamén grumantes, aparecen nun relato recollido por Álvarez Peña[2] en Piloña.

Notas editar

  1. Sordo Sotres, Ramón: Mitos de la naturaleza en Asturias y Cantabria. Colección El Jogueru. 1994.
  2. Álvarez Peña, Alberto: Asturias mágica. Ed. Conceyu Bable. 1992.