O crossover thrash (ás veces abreviado como crossover) é unha forma de thrash metal e hardcore punk que mestura ámbolos dous xéneros xuntos ou ten influencias doutros. O estilo atópase a camiño entre o heavy metal e o punk rock. Outros xéneros do mesmo estilo teñen elementos significativamente comúns co crossover thrash, e ademais dos traditionais hardcore punk e thrash metal, inclúe estilos relacionados como thrashcore, grindcore e skate punk.

Crossover thrash
Orixe musicalhardcore punk, thrash metal, speed metal, punk rock
Orixe culturalprincipios dos 80 nos Estados Unidos
Instrumentos típicosvoces, guitarra eléctrica, baixo, batería
Derivadosmetalcore

Ambigüidade do termo editar

O xénero adoita confundirse co thrashcore, que é esencialmente un hardcore máis rápido no canto dunha forma de metal máis orientada cara ao punk. Durante a primeira metade da década dos 80, o termo "thrash" usouse acotío como un sinónimo de hardcore punk (como no recompilatorio New York Thrash de 1982). O termo "thrashcore" para distinguir artistas deste xénero doutros no foi cuñado ata polo menos o ano 1993. Moitas bandas de crossover bands, como D.R.I., comezaron como influentes grupos de thrashcore. O sufixo "-core" de "thrashcore" úsase ás veces para distinguilo do crossover thrash e do thrash metal, chamándoselle a este último frecuentemente só "thrash", termo que á súa vez non se adoita a usar para referirse ao crossover thrash ou ao thrashcore. Thrashcore ás veces é usado pola prensa musical para falar do thrash metal que descende do metalcore.