Crocosmia x crocosmiiflora
Crocosmia × crocosmiiflora | |||||||||||||||||||
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
Crocosmia × crocosmiiflora | |||||||||||||||||||
Clasificación científica | |||||||||||||||||||
| |||||||||||||||||||
Nome binomial | |||||||||||||||||||
'Crocosmia × crocosmiiflora' (Lemoine) N.E.Br. |
Crocosmia × crocosmiiflora é unha especie fanerógama do xénero Crocosmia, pertencente á familia Iridaceae.
É unha especie pouco común, naturalizada ao longo de camiños, a unha altitude de 1000–1480 metros; maleza amplamente distribuída en Centroamérica, introducida desde Suráfrica. Este é un híbrido desenvolvido do cruzamento entre Crocosmia pottsii (McNab ex Baker) N.E. Br. e Crocosmia aurea (Pappe ex Hook. f.) Planch. En Galicia está considerada como especie invasora.[1]
Descrición editar
Son plantas que alcanzan un tamaño de 25–50 cm de alto. As follas linear-lanceoladas, de 30–50 cm de longo e 0.8–2 cm de ancho. Talo florífero ramificado, lixeiramente flexuoso, arqueado horizontalmente, espigas varias; brácteas de 6–10 mm de longo, flores alaranxadas, tubo do perianto lixeiramente encorvado, de 10–15 mm de longo; tépalos subiguais, lanceolados, 15–25 mm de longo e 6–9 mm de ancho, patentes; filamentos 15–22 mm de longo, anteras 6–8 mm de ancho. O froito é unha cápsula até 7 mm de longo e 9 mm de ancho; sementes xeralmente non viables.[2]
Taxonomía editar
O xénero foi descrito por (Lemoine) N.E.Br. e publicado en Transactions of the Royal Society of South Africa 20(3): 264. 1932.[2]
Crocosmia: nome xenérico que deriva das palabras gregas: "krokos" que quere dicir azafrán, e "osme", que significa "cheirar". O por que do nome explícase cando se mergullan en auga quente follas secas desta planta, xa que estas emiten un forte cheiro similar ao do azafrán.
Notas editar
- ↑ Flora: Especies invasoras (Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas) [consultada o 28.07.2023]
- ↑ 2,0 2,1 "Crocosmia × crocosmiiflora". Tropicos.org. Missouri Botanical Garden. Consultado o 6 de abril de 2015.
- ↑ "Crocosmia × crocosmiiflora". The Plant List. Consultado o 6 de abril de 2015.
- ↑ "Crocosmia × crocosmiiflora". Royal Botanic Gardens, Kew: World Checklist of Selected Plant Families. Consultado o 6 de abril de 2015.
Véxase tamén editar
Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Crocosmia x crocosmiiflora |
Ligazóns externas editar
- Ficha en The Plant List (en inglés)
- Ficha en IPNI (International Plant Names Index) (en inglés)