Cristino Álvarez Hernández

farmacéutico e político galego

Cristino Álvarez Hernández, nado na Coruña o 24 de xullo de 1908 e finado na mesma cidade o 15 de agosto de 1998, foi un farmacéutico e político galego.

Infotaula de personaCristino Álvarez Hernández
Biografía
Nacemento24 de xullo de 1908 Editar o valor em Wikidata
A Coruña, España Editar o valor em Wikidata
Morte15 de agosto de 1998 Editar o valor em Wikidata (90 anos)
A Coruña, España Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeEspaña Editar o valor em Wikidata
EducaciónUniversidade de Santiago de Compostela Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupaciónfarmacéutico , político Editar o valor em Wikidata
LinguaLingua castelá Editar o valor em Wikidata
Familia
FillosCristino Álvarez Herrera Editar o valor em Wikidata


Traxectoria editar

Licenciado en Farmacia pola Universidade de Santiago de Compostela (1929). Proclamada a República, afiliouse á Unión Regional de Derechas e en 1937 pasou a militar en FET y de las JONS ata a súa disolución. En 1943 foi nomeado Xefe do Sindicato Local de Industrias Químicas e logo Xefe Provincial do mesmo. Foi concelleiro da Coruña (1946) e primeiro tenente de alcalde ata o seu cesamento en 1958. Foi presidente do Colexio Oficial de Farmacéuticos da provincia da Coruña (1937-1968) e vicepresidente do Consejo General de Colegios Oficiales de Farmaceúticos de España (1959-1966).

Foi redactor deportivo de Radio La Coruña e Radio Nacional de España e colaborou en La Voz de Galicia, El Ideal Gallego, Farmacia Nueva e Revista del Instituto de Estudios Coruñeses José Cornide. Foi nomeado Presidente da Federación Galega de Atletismo (1947-1957) e en 1959 da Federación Galega de Fútbol.[1] En 1946, sendo concelleiro, foi fundador do Trofeo Teresa Herrera, o decano dos torneos de fútbol de verán. En 1953 creou a Asociación Amigos de la Ópera, que presidiu ata a súa morte.

Vida persoal editar

Foi pai do xornalista gastronómico Cristino Álvarez Herrera.

Notas editar

  1. "Don Cristino Álvarez Hernández, nuevo presidente de la Federación Gallega de Fútbol". La Noche (en castelán) (11763). 26 de maio de 1959. p. 5. Consultado o 22 de decembro de 2021. 

Véxase tamén editar

Bibliografía editar