Crista de galo grande

especie de planta
Crista de galo grande

Crista de galo grande
Clasificación científica
Reino: Plantae
División: Tracheobionta
Clase: Liliopsida
Subclase: Liliidae
Orde: Orchidales
Familia: Orchidaceae
Subfamilia: Orchidoideae
Tribo: Orchideae
Xénero: Serapias
L.
Nome binomial
'Serapias cordigera'
Subdivisións

Ver no texto

A crista de galo grande[1] (Serapias cordigera) é unha planta herbácea perenne da familia Orchidaceae.

Ilustración.
Detalle da flor.

Descrición editar

A serapias cordigera presenta o labelo das flores moi ancho e cordiforme, de cor purpúreo, o que a diferenza doutras especies do xénero que teñen o labelo máis estreito. Na parte interior do labelo presenta dúas callosidades diverxentes (a lengüeira, Serapias lingua só presenta unha).

É de talos medianos, de 15 a 50 cm de altura, erectos e delgados, e na base do talo adoitan mostrar manchas de tinguiduras avermelladas.

As follas frecuentemente mostran manchas violáceas e son estreitas, lanceoladas e acanaladas.

Inflorescencia curta, densa, con 2 a 12 flores, relativamente grandes. Os seus tépalos formando un casco pechado, os externos purpúreos, ovado-lanceolados, acuminados, libres no extremo, os internos laterais ovados, con marxe ondulado e moi acuminados.

O labelo cunha constrición central que o divide en dúas partes, unha distal plana dirixida cara a abaixo, lingüiforme, ancha e acorazonada, vilosa na zona media, e outra proximal cóncava de igual anchura que a anterior e con dúas callosidades púrpura na base, sen esporón.

Ten o epiquilo ensanchado desde a base, é dicir, con forma acorazonada. As dúas estrías da base do hipoquilo son diverxentes.

Tubérculos ovoides, en número de 3 a 5, sentados ou sobre estolóns.

A floración ten lugar de abril a xuño.

Distribución e hábitat editar

Principalmente nos países mediterráneos occidentais, pero poden alcanzar localizacións tan afastadas cara ó leste coma o sur de Turquía. Atópanse algunhas comunidades no Val dos Pedroches, na Provincia de Córdoba. Tamén se atopa nas Illas Azores e o noroeste de África. En Galicia tamén está presente sendo unha das máis abundantes do xénero das orquídeas.

Vive en chans silíceos, en pradarías húmidas, matogueira alta, en oliveirais, e bosques claros que deixen pasar suficiente luz. Chega a desenvolverse en alturas de até 1.000 msnm. Especie protexida nas Illas Baleares.

Taxonomía editar

Serapias cordigera foi descrita por Carl von Linné e publicada en Species Plantarum, Editio Secunda 1345. 1763.[2]

Etimoloxía

Serapias: nome xenérico de orixe grega que se aplicou antigamente a unha orquídea non identificada con certeza, quizais Orchis morio. Provén dun deus exipcio chamado Serapis en cuxos templos os devotos se dedicaban ós praceres da carne. O nome que Linneo asignou a este xénero quizais se debe a que a algunhas orquídeas se lles atribúen efectos afrodisíacos.

Cordigera: epíteto latino que significa "con forma de corazón".[3]

Subdivisións
  • Serapias cordigera subsp. azorica (Schltr.) Soó
  • Serapias cordigera subsp. cordigera
  • Serapias cordigera subsp. cossyrensis (B.Baumann & H.Baumann) Kreutz
  • Serapias cordigera subsp. cretica B.Baumann & H.Baumann
Sinonimia
  • Helleborine cordigera (L.) Pers.
  • Lonchitis cordigera (L.) Bubani
  • Serapias lingua var. cordigera (L.) Savi
  • Serapiastrum cordigerum (L.) A.A.Eaton
subsp. azorica (Schltr.) Soó
  • Serapias atlantica D.Rückbr. & U.Rückbr.
  • Serapias azorica Schltr.
subsp. cordigera
  • Serapias lorenziana H.Baumann & Künkele
  • Serapias ovalis Rich.
  • Serapias vomeracea f. artemisiae (W.Hahn, Kreutz & Passin) P.Delforge
  • Serapias vomeracea subsp. artemisiae W.Hahn, Kreutz & Passin
  • Serapias vomeracea var. mauritanica E.G.Camus
subsp. cossyrensis (B.Baumann & H.Baumann) Kreutz
  • Serapias cossyrensis B.Baumann & H.Baumann [4]

Notas editar

  1. Ficha no libro Guía das orquídeas de Galicia de Carlos Cortizo Amaro e Elvira Sahuquillo Balbuena. 2006, Baía Edicións
  2. "Serapias cordigera". Tropicos.org. Missouri Botanical Garden. Consultado o 8 de marzo de 2013. 
  3. En Epítetos Botánicos[Ligazón morta]
  4. Serapias cordigera en PlantList

Véxase tamén editar

Outros artigos editar

Ligazóns externas editar