Crioulo sanandresano

lingua crioula falada en San Andrés e Providencia, Colombia

O crioulo sanandresano é unha lingua crioula con base no inglés falada no arquipélago de San Andrés e Providencia, en Colombia. É moi semellante ó crioulo belizense e crioulo nicaraguano. O seu vocabulario procede principalmente do inglés, mais o crioulo de San Andrés e Providencia ten a súa propia fonética e expresións propias do castelán e de linguas africanas, particularmente das linguas kwa (como o twi e o ewe) e ibo. A lingua tamén é coñecida como "crioulo de San Andrés", "bende" e "crioulo inglés insular".[3]

Crioulo sanandresano
Outros nomes:Islander Creole English
Falado en: Colombia
Rexións: Arquipélago de San Andrés, Providencia e Santa Catalina
Total de falantes: 12 000 (citados en 1981)[1]
Familia: Crioulo
 Inglés crioulo
  Atlántico
   Occidental
    Crioulo sanandresano
Escrita: Latino
Estatuto oficial
Lingua oficial de: En Colombia ten recoñecemento como lingua oficial no territorio no que é falado.
Códigos de lingua
ISO 639-1: --
ISO 639-2: ---
ISO 639-3: icr
Mapa
Status

O crioulo sanandresano está clasificado como "vulnerable" polo Libro Vermello das Linguas Ameazadas da UNESCO[2]

Notas editar

  1. "O crioulo sanandresano en Ethnologue". Consultado o 17 de abril de 2021. 
  2. Moseley, Christopher e Nicolas, Alexandre. "Atlas of the world's languages in danger". unesdoc.unesco.org. Consultado o 11 de xullo de 2022. 
  3. "Ethnologue report for language code: icr". SIL International. Consultado o 29 de outubro de 2009. 

Véxase tamén editar

Ligazóns externas editar