Crime en Compostela

obra literaria de Carlos González Reigosa

Crime en Compostela é unha novela policíaca de Carlos González Reigosa, publicada en 1984. Conseguiu o 1º premio Xerais de novela. É a primeira entrega da saga do detective Nivardo Castro xunto co xornalista Carlos Conde.

Crime en Compostela
Autor/aCarlos González Reigosa
OrixeGaliza
Linguagalego
ColecciónColección Negra
Xénero(s)Novela policíaca
EditorialEdicións Xerais
Data de pub.1984
Formato14,5 x 22 cm.
edición rústica cosida a fío
Páxinas248
ISBNISBN 978-84-9782-229-9
Seguido porO misterio do barco perdido
editar datos en Wikidata ]

Trama editar

Nivardo Castro, que se autodefine como "aventureiro", investiga un asasinato acontecido en Santiago de Compostela, xunto ó seu amigo o xornalista Carlos Conde.

Os dous compañeiros, que se coñeceran no seminario de Mondoñedo, redescobren a cidade: os seus persoeiros, os pubs e os monumentos. Está ambientado a principios dos anos 80, polo que ademais dos habituais personaxes alcohólicos, típicos dos suburbios e clubs de alterne, ten presenza a xeración castigada polo abuso da heroína.

Ten moitas anécdotas e descricións da cidade, e por veces o libro trata máis de Compostela que do Crime, converténdose a cidade en coprotagonista activa.

Traducións editar

  • Ao catalán por Salvador Pallarès Garí co título de Crim a Compostel•la publicado en 1990 por Edicions Bromera, Col. L´ecléctica[1].
  • Ao castelán polo propio autor co título de Crimen en Compostela publicado en 2000 por Plaza & Janés[2].

Notas editar

  1. Ficha Arquivado 28 de marzo de 2018 en Wayback Machine. en BiTraGa.
  2. Ficha Arquivado 28 de marzo de 2018 en Wayback Machine. en BiTraGa.

Véxase tamén editar

Bibliografía editar

Ligazóns externas editar