O crepúsculo ou entre lusco e fusco é o momento antes da saída ou logo da posta do Sol en que se pode ver a súa luz, debido á refracción pola atmosfera dos raios luminosos do Sol. Devandita difusión alarga o día, tanto pola mañá antes do amencer, como pola tarde despois do ocaso:

  • Crepúsculo matutino: ocorre antes da saída do Sol e chámase tamén aurora ou alba.
  • Crepúsculo vespertino: ocorre trala posta do Sol.
Crepúsculo.
Primeira luz sobre a Baía Plácida, Florida

Fases de crepúsculo editar

O crepúsculo sucédese en tres fases:

  • Crepúsculo civil: desde que se pon o Sol ata que o seu altura é -6º.Vense as estrelas da primeira magnitude e algúns planetas.
  • Crepúsculo náutico: ata que a altura é -12º. Neste tempo fanse visibles as estrelas náuticas da primeira e segunda magnitude, co que recoñecen as principais constelacións. Distínguese o horizonte no mar. Os mariños de outrora podían utilizar aínda o sextante para determinar a súa posición.
  • Crepúsculo astronómico: ata que a altura é -18º. Fanse visibles a primeira ollada as estrelas da sexta magnitude.